mércores, 1 de abril de 2020

Linguaxe e movemento (3) Os xogos de dedos


Os xogos de dedos son pequenas rimas acompañadas dunha coreografía de motricidade das extremidades superiores, espcialmente mans e dedos. Estes xogos, combinando sons e movementos, impulsan a madurez do Sistema Nervios Central. Unha rima de apenas un minuto pode ter múltiples funcións: centrar, activar a memoria, a atención, a coordinación, a linguaxe, os vínculos e o contacto co medio, ademais de aportar ledicia, benestar e autoestima. 

Os xogos de dedos son actuacións que facemos para as crianzas  convidándolles a que  nos imiten. Eles son expertos imitadores, de feito a
imitación é unha das principais ferramentas de maduración e desenvolvemento cognitivo nas crianzas de infantil. Mentres o fan experimentan gozo e alegría, imitan porque estpontáneamente nace de eles facelo, e nace deles porque o ser posee as directrices internasqeu o levan a desenvolver as actividadesque lle son beneficiosas. De modo, que, norma número 1, non lles forzamos a imitarnos, se o xogo capta a súa atención o neno imitará, se non imita é porque o xogo ou o momento non son acaídos. Agasallamos á crinaza cunha rima como un mimo, un xogo casual sabendo que teñen un potencial pedagóxico moi serio.
Co xogo de dedos estimulamos a súa coordinación motora e a súa linguaxe dunha forma lúdica e relaxada, o máis importante é que nos sintamos ese relax e esa alegría cando facemos a rima, así será o que transmitiremos. As rimas non se ensinan,imítanse con gozo e entusiasmo.
Debemos ter en conta cando nosdipoñemos a facer un xogo de dedos:
·         Facelas en persoa: a vibración da nosa voz activa as súas cordas vogais. A nena vibra ao son da nosa voz
·         A linguaxe e os movementos han de ser claros e precisos se iso é o que queremos impulsar. O noso estado vital ha de ser de calma e estabilidade e de goze por facer o xogo.
·         A rima ofréces como un agasallo. A crianza imitará o movemento e a linguaxe progresivamente mellor ao ritmo das súas habilidades, co tempo e a repetición irá corrixindo desaxustes. Nos non debemos corrixir. Ningún neno/a fai “mal” unha rima, se non acorde ao seu estado evolutivo. É a nosa oportunidade de coñecelo. A autoestima debe permanecer intacta. O neno debe experimentar a rima como un xogo e nós debemos adaptar a rima ás habilidades do neno.
·         Se un movemento é demasiado difícil para unha crianza,isto nos está indicando que precisa practicar unha versión máis sinxela, que lle fará beneficio sen menoscabar a súa autoestima e motivación. É máis facil facer movementos simétricos que asimétricos ou cruzados (lateralizacion). E máis facil facer movementos globais de brazos que de dedos. É mais facil levar o ritmo coa man que cos pés. É máis fácil moverse que quedar quieto. Adaptamos a proposta ao estadio evolutivo da crianza.
·         As rimas conéctanse coa situación de vida, en primavera, rimas de paxariños, no inverno, de neve, pola mañá rimas enérxicas e pola  noite relaxantes…
·         As crianzas adoran a repetición, non escatimemos ese goze. Así daremos oportunidade a axustar a fala e o movemento e así potenciar o beneficio do xogo.

Cando comezou o confinamento e unha vez superado o primerio susto pensei que eu, dende casa, podía facer algo polas miñas crianzas fun directa á páxina web do CRA Antía Cal para ter referencias de calidade. Topei que propuñan un xogo de dedos. Eu coñecía os xogos de dedos asociados á pedagoxía Waldorf, e intúía que eses inocentes pasatempos, tiñan unha incidencia importante no desenvolvemento da crianza, así que me puxen a investigar máis a fondo (xa que tiña tanto tempo…). Descubrín que, efectivemente, hai todo un compendio de fundamentación pedagóxica detrás desas cantinelas,  e hoxe, 2 semanas despois de mergullarme nese mundo estou decidida a incorporalos á miña acción profesional, nas miñas intervencións virtuais, de despois, cando se normalize o cole tamén (só queda un “pequeno” detalle…hai que traducilos!).



Ningún comentario:

Publicar un comentario