mércores, 25 de marzo de 2020

Linguaxe e movemento (2). A linguaxe

Cando falamos emitimos moitas mensaxes mási alá da mensaxe lingüistica expresa na nosa intervencións, son sinais subliminais relacionadas coa articulación, a pronuncia, a entonación e o xesto, que tamén chegan ao interlocutor e inciden nel expresendo o sentir do emisor e tamén o que o emisor agarda do oínte. Isto ten que ver con cómo llesfalamos ao neno/a, qué incidencia ten na súa psique o noso xeito de dirixirnos a el/ela e cómo ,a traves da nosa linguaxe podemos axudarlle a medrar mais san e competente. Moi interesante este aspecto pero non é o que veño a tratar aquí. Se queredes profundizar sobre él ao final hai un enlace a un vídeo de Tamara Chuvarovsky que suscribo practicamente todo, ademáis, é moi ameno.

Quero falar de como a linguaxe do neno/a incide no seu propio desenvolvemento e impulsa a súa actividade cerebral. Na publicación anterior falaba do movemento como impulsador do desenvolvemento integral dunha crianza. Hoxe toca a linguaxe, todo encamiñado a presentar os xogos de dedos, rimas con movemento deseñadas para, por un lado impulsar a construcción da infraestrutura cerebral necesaria , entre todo o demáis, para a aprendizaze da lectoescrita, e por outro, indicarnos ás profesionais o punto onde a crinazas se atopa en materia de madureza cerebral.
Lembro que cando estudiaba psicoloxía infantil sempre se nos presentaba a contraposición das teorías de Piaget e Vigotsky. O primeiro afirmaba que a madurez do cerebro e o pensamento regulan a lingauxe e o segundo pola contra, afirmaba que é a linguaxe a que estimula o desenvolvemento do cerebro…; e se fora unha espiral onde pensamento e linguaxe se animan en bucle?
Chuvarovsky di que, se o movemento é a autopista que conecta os dous hemisferios, a linguaxe é a iluminación. O movemento facilita a linguaxe, e a linguaxe da estado de presencia, os labios tónicos e a lingua no seu sitio activan puntos neurolóxicos que nos axudan a estar atentas e concentradas. Entón a linguaxe activa a infraestrutura orgánica do pensamento. Listos para aprender. O que sexa!
Demodo que, sendo nos modelos para eles, se lles falamos correctamente (entonación, coherencia semántica, gramatical e sintáctica, corrección de estilo, pronuncia, carga emocional axeitada...) , promoveremos neles o mesmo debido á empatía orgánica, que falen correctamente, mellorar o funcionamento do cerebro.

"En mis talleres no me canso de hablar de la importancia de que activemos en nosotros lo que queremos activar en el niño. Habla claro y favorecerás el lenguaje del niño, muévete con precisión, y mejorarás su movimiento, estate tranquilo y centrado, y ayudarás a su concentración. Todo esto ocurre gracias a la imitación, resonancia o, como ahora se ha descubierto, gracias a la neurona espejo". Tamara Chuvarovsky.


Que pasa cos nenos que tatexan?, ou nenos que parece que se quedan bloqueados cando tratan de falar perante un grupo?, parece ser que nesas casos (transitorios, adoitan remitir cara os 7 anos) as emocións poden máis que a capacidade lingüística, en todo caso coa nosa actitude transmitiremos calma e a mensaxe de que non temos presa e non nos deixamos distraer polos seus atascos. Outra vez as rimas axudarannos a axudar a desatrancar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario