sábado, 7 de novembro de 2020

desafíos extremos

O ano pasado era Area a poñer o calcetín no pé e este ano é David introducindo a súa roupa mollada de pis nunha bolsa de plástico para levar a casa a lavar. As dificultades que ten que encarar son moitas, só nos facemos unha idea cando o observamos. Cando contemos o impulso de facer as cousas  polas crianzasl e permanecemos canda éles observando, sen ansiedade e con amor, aprendemos todos. Aprende él e aprendo eu. nun par de minutos, unha gran lección para ambolosdous, o día está gañado, a xogar.

Porqué non facelo por él sendo a tarea tan árdua?

Por impulsar a súa autonomía?, Evidentemente o esforzo de non ofrecer demasiada axuda estimula a súa competencia, e tamén a consciencia dela, polo tanto, ganancia extra: Autoestima, mira profe, yo solito! Pero esta vez a contemplación da batalla responde máis ben a

impulsos que teñen máis que ver comigo que con él: quedarse observando como un neno lida cun desafío é unha lección para a mestra. Observando a contenda ela coñece os aspectos mais concretos das dificultades das crianzas, (de coordinación, de falta de recursos ou coñecementos dificultades de razoamento...) e extrapola esas dificultades a outros contextos como pode ser o académico e ...comprende; comprende á crianza cando non responde ás espectatvias da mestra diante dunha tarea. E, comprender para aprender, procura novos métodos, novas instruccións, novos deseños didácticos para facer mais eficaaz a súa labor, para ser mellor mestra, en poucas palabras. E comprender para empatizar.

Pero hai que quedarse mirando. Sen presión.













Ningún comentario:

Publicar un comentario