martes, 8 de decembro de 2020

Lomloe ou Lei Celáa: moito ruido e poucas noces

Que cada novo goberno cambie a lei educativa  denota falta de consistencia da sociedade, provoca cansanzo na poboación e nos profesionais do ensino e impide avaliar o alcance da anterior.  Mudamos de lei cada  5 anos mais non damos con tranganillo, pois as cifras sobre resultados educativos, repeticions de curso, absentismo e abndono escolar son das peores de Europa. Pero neste caso debo saudar esta nova lei por revertir certos aspectos especialmente lesivos da LOMCE, a lei que o anterior ministro Wert sacou adiante sen consenso nengún e que levantou importantes protestas de amplos sectores da comunidade educativa. 

Ante o ruido mediático e a crispación que levanta esta lei por parte de determinados sectores interesados  síntome como profesional do ensino, interpelada a explicar ou  alo menos, ofrecer as miñas interpretacións sobre os puntos máis polémicos da mesma.


A cuestión da lingua

A nova lei establece como lingua vehicular, a lingua propia da comunidade autónoma , isto quere dicir que en Galicia, as comunicacións, os boletíns, os actos públicos, etc do Centro de Ensino faránse en galego. Correcto. En Galicia dende hai anos sen ningunha controversia. Non significa que desapareza o castelán,  ísto é un bulo interesado lanzado polas correntes que se opoñen á normalización lingüistica das linguas minoritarias (e minorizadas). Coma sempre que perden un milímetro dos seus privilexios,claman ao ceo coma se lles estivera negando un dereito. Coñezo moitos mozos/as que rematan o ensino obrigatorio sen falar galego, máis non coñezo ningún mozo/a que non fale castelán, está claro qué lingua hai que protexer para conseguir o tan beneficioso bilingüismo, é unha mágoa e un crime que rexeitemos a diversidade lingüistica en España, a riqueza cultural que iso implica.


A cuestión da relixión

A nova lei establece que a Relixión non terá asignatura espello . Totalmente correcto. Insuficiente diría eu. A presencia da asignatura de relixión non só é antidemocrática porque obriga á poboación a sufragar a catequesis de unha parte dela, se non porque supón o deseño dunha asignatura "recheo" para os que non a escollan. Se a Ministra non foi valente abondo para suprimir a Relixión dos Centros Educativos (non pode mentres existan os Acordos co Vaticano), alo menos liberou aos que non a escollen  da obriga de cursar unha asignartura baleira. A relixión é unha práctica moi persoal que non ten cabida nunha comunidade plural . A Constitución establece que España é un Estado aconfesional, e por tanto debería mostrar neutralidade relixiosa,  pero o seu sistema educativo privilexia á Relixión Católica. Quen queira inculcar aos eus fillos/as ás súas crenzas relixiosas, calquera que éstas sexan (e privalos de que eles e elas elaboren ás súas propias), pode facelo no tempo extraescolar como quen vai a Natación ou Judo, pois a cidadanía española é diversa e nen todos son católicos, nen todos profesan relixión algunha. Ben, aínda insuficiente, parece que non podemos de momento aspirar a moito máis así que,sí, saúdo a norma da desaparición desa asignatura inventada a modo de recheo (alternativa, atención educativa, etc) para os que non elixían relixión, e que non podía tocar nada do currículum. Pero qué sinsentido era isto? quere dicir que o alumnado que non ía a Relixión tiña que estar pouco menos que perdendo o tempo, (porque estaba prohibido dar temario, posto que iso significaría unha discriminación hacia os que van a Relixión) ah, ou senón dar ética, pero...entón os de reli se lles priva de aprender ética?.  Como mestra teño vivido situacións realmente incómodas  ao redor desta cuestión. Separar nenos de 3 anos sn poder explicarlles o por qué (e que o entendan) é un trance indignante para unha profesora que respecta e considera ao seu alumnado.

A nova lei establece que a nota de Relixión non contará para a media. Correcto. A tendencia descendente das matrículas en Relixión  (ao compás da secularización da sociedade)mudou cando a lei Wert estableceu que a nota  contaráa para a media, así entón, o estudantado recibiría notas moi altas e serían favorecidos, por exemplo , nas probas ABAU (antigua selectividade). así compraban o alumnado. 

A cuestión da concertada

Diría que éste é verdadeiramente o punto quente da lei anque os opositores á mesma utilizan os anteriores para xerar caos e tratar de bloqueala. España ten os maiores índices de ensino concertado e privado de toda Europa localizados nomeadamente en centros de cidades e en barrios de alto nivel socioeconómico. Así presumen falsamente de resultados. O 80% de alumnado emigrante e o 90% de alumnado de fogares con menos ingresos están no ensino público  

A nova lei elimina a consideración de "demanda social". Quere dicir que se prioríza a opción pública  á hora de crear novas prazas. Correcto. Así éstas medran en detrimento da pública. Non deixa de ser a privatización da Educación. Para as que defendemos unha escola Pública (que diminúa as diferencias socioeconómicas e atenda a todas as crianzas por igual como factor de cohesión social) ésta é unha deriva perigosa que remataría nunha escola pública totalmente precarizada e para pobres. E a cidadanía subvencionando o ensino concertado para que os sectores privilexiados o sexan cada vez máis.

A nova lei establece como obrigatoria a coeducación. As escolas que separen os nenos das nenas non poderán recibir subvención. Correcto, as crianzas non van á escola só para aprender contidos académicos, van a aprender a socializar e a medrar como persoas, nenos e nenas han de aprender a relacionarse, non creo que haxa que explicar isto moito máis.

A nova lei limita o copago. Correcto. É un escandalo. O 90% dos centros concertados cobran cotas "voluntarias" que en Cataluña se calculan en mais de 200 euros ao mes. Qué listos, así presumen de resultados, quere dicir que o conxunto da cidadanía axuda a pagar coles privados para a clase alta que pode pagar esas cotas.


A cuestión da educación especial

A lei camiña hacia o principio de "inclusión" e dicta que en 10 anos os centros ordinarios deben estar preparadaos para atender tamén ás crianzas con necesidades especiais, Correcto. A lei concreta a recomendación da ONU para España en 2017, para o cumplimento da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Unha crianza debe, na medida do posbile, ser escolarizada no seu entorno natural e o centro educativo debe estar preparado para atender tammén ás necesidades especiais menos graves.. Isto non significa que desaparecerán os centros de Educación Especial, éstes permanecerán para atender casos máis complicados. Pero acaso non desexaríamos para unha crianza con necsidade especial física ou mental,que poidera ir ao cole cos seus veciños e veciñas, integrada no contexto social no que vive? Eu non entendía esta polémica ate que souben que unha boa parte dos Centros de Educación Especiál son...privados (Concertados, que significa privados paagados por todos osespañois). Agora o entendo mellor, a ameaza para o negocio.


E así  determinados sectores da sociedade defenden ferozmente os seus privilexios. Intento totalmente digno se non fora porque o fan con mentiras e enganos,  crispando á opinión pública tratando de confundila con frases como que "queren acabar co castelán" (o castelán goza de moi boa saúde, preocupémonos das linguas que perden falantes e preguntémonos porque sucede isto) ou "en defensa da educación especial" Con manifestacións que pretenden estar defendendo os dereitos da "liberdade das familias" ou os dereitos das crianzas. Utilizando as crianzas para o seu proveito É repugnante.


Pero qué precio tan alto por tan pouco avance, en realidade eu soño cunha lei educativa de calidade que a respecte á crianza e confíe nela, que se faga eco das últimas descubertas cietntíficas que falan da importancia das emocións, a natureza, as relacións humanas, o movemento e a aprendizaxe significativa, unha boa lei honesta e valente á hora de deseñar obxectivos e contidos educativos verdadeiramente útiles para a vida. Unha lei que forme profesionais competentes e respectados pola sociedade, unha lei valente e decidida que poña verdadeiramente a crianza no centro. 

Quizais a próxima. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario