domingo, 17 de xaneiro de 2021

as voltas ao sol

As adultas transmitímoslles a paixón polas efemérides, que sumada á súa ansia por facerse "maior", fai que moitas crianzas vivan a proximidade do aniversario  con nerviosismo e grandes espectativas (eu creo lembrar a experiencia infantil de decatarme de que o día do aniversario era un día normal e e eu non medraba especialmente...). Así tamén algunhas familias téñenme feito propostas ás veces demasiado rimbombantes, que superaban a motivación do neno/a en cuestión. Ao longo dos anos fun axustando a forma en que na escola vivimos os días de aniversario hacia un estilo sinxelo e non por iso
desprovisto de sentido para o neno/a en cuestión e para toda a aula. 
O modelo das voltas ao sol coñecinno hai anos cando fixen contacto co método Montessori, pero non foi ate hai un mes que sentín que era omeomento de practicalo co meu alumnado, e así foi que xa comezado o curso e xa celebrado algún aniversario ao modo sinxelo (canción, candeas e biscoito), Saray estreou  novo modelo de celebración de aniversarios na Escola de Taboexa: As Voltas ao Sol. De xeito que, amáis de cantar, soprar as candeas, e, por suposto convidar aos compañeiros/as, á profe e a gato pelao ao biscoito,  danzamos ao redor do sol tantas voltas como anos cumple Saray, 4,escenificando o sentido cósmico da nosa existencia. En cada volta ela ensina unha foto correspondente aos seus diferentes estados de madureza, explicando quén está na foto e facendo así un exercició de concienciación de sí mesma observando como foi mudando ao longo dos anos e traendo ao presente momentos vividos no pasado. Todos escoitamos e miramos, é o seu momento especial. É bonito, é científico, é amoroso, e segue a ser unha forma sinxela de convertir un día calquera nunha data especial  sen aquelas extravagancias que as crianzas ás veces nen precisan nen comprenden.

E tamén pode que algún meniño/a non viva o día do aniversario con ningunha significación especial, entón debemos replegar as nosas ansias e respectar a normalidade que nos está a pedir,. Entón, o primeiro que debemos facer antes de planificar unha celebración de aniversario será averiguar cómo percibe o neno/a ese día e de que forma se vai sentir él mellor. Porque é o seu aniversario e o gran agasallo será seguir os seus desexos e non adiantar necesidades.A mellor opción sempre será, como dicía Montessori, "seguir ao neno", sobre todo cando o que pide é o máis sinxeloe barato: a nosa presencia total.

E esta perorata lémbrame ás irmas Abelleira, profes de infantil de Ames, recoñecidas nacional e internacionalmente pola calidade e hnestidade da sua labor cando subtitulan o séu úlitmo libro , Latexo dunha aula de infantil, O ELOXIO DO COTIÁN, porque o día do aniversario, así como outros eventos especiais, fainos moita ilusión, e sí, traen color e novidade á nosa rutina, pero , bendita rutina, serea e chea de momentos apacibeis e significativos que vaiconstruindo milímetro a milímetros o que somos como grupo humano mestra e alumado.

E por certo, o libro en cuestióln está na biblioteca do cole, á vosa disposición.

O latexo dunha aula de infantil








Ningún comentario:

Publicar un comentario