venres, 29 de xaneiro de 2021

o vello que pratou a viña ou a maxia dos contos de tradición oral

Era un vello que plantou unha viña
antesdonte na madrugada no Outeiro da Penafurada

E víu a ovella e rillou a viña 
que plantara o vello 
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E víu o can e trabou á ovella 
que rillara a villa
que plantara o vello 
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E víu o pau e bateu no can
que trabara á ovella
que rillara a viña
que plantara o vello
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E víu o lume e queimou o pau
que bateu no can
que trabara á ovella
que rillara a viña 
que plantara o vello
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E viu a auga e apagou o lume
que queimou o pau
que bateu no can
que trabara a ovella
que rillara a viña
que plantara o vello
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E víu a herba e sorbeu a auga
que apagou o lume
que queimou o pau
que bateu no can
que trabou a ovella
que rillo a viña
que plantara o vello
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E víu a vaca e comeu a herba
que sorbera a auga
que apagou o lume
que queimou o pau
que bateu no can
que trabou a ovella
que rillo a viña
que plantara o vello
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E víu a corda e prendeu a vaca
que comera a herba
que sorbera a auga
que apagou o lume
que queimou o pau
que bateu no can
que trabou a ovella
que rillo a viña
que plantara o vello
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E víu o rato e rillou a corda
que prendera a vaca
que comera a herba
que sorbera a auga
que apagou o lume
que queimou o pau
que bateu no can
que trabou a ovella
que rillo a viña
que plantara o vello
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

E víu o gato (pelao) e papou ao rato
que rillara a corda
que prendera a vaca
que comera a herba
que sorbera a auga
que apagou o lume
que queimou o pau
que bateu no can
que trabou a ovella
que rillo a viña
que plantara o vello
antesdonte de madrugada no Outeiro de Penafurada

A campana dá a unha, aviso: 5 minutos!, o recreo está pronto a rematar, daquela recolleremos os xoguetes do patio, lavaremos as mans (outravez, meus pobres!), beberemos, faremos un pis...e nos preparamos para un momento de recollemento e despedida. O espazo está amorosamente preparado para estar cómfortables. Acendemos a candea e pechamos os ollos uns intres e así baixamos a enerxía tola do patio para encamiñarnos hacia a atención sosegada, é a hora do conto!, 

E se,a proposta da encargada ou da profe, hoxe contamos con monecos, pois mellor aínda, pois o teatriño de mesa (aprendizaxe doconfinamento e as teleclases) é un sistéma precioso para contar contos.

E se é un conto de tradición oral pois mellor aínda, pois ven cargado con toda a sabiduría das nosas ancestras.  As historias antiguas, esas que sobreviven nas gorxas centos de ano,s defínen o noso ser e explican ás crianzas os misterios que eles non saben apenas preguntar. 

A voz e movemento ao servicio da escoita atenta e atención visual... un deixarse abarrelar pola rima, pola música, por historias de animais e humanos tan fantásticas como posibles da man de catro monicreques  que na mente infantil poden representar o universo enteiro... unha experiencia sanadora para despedir o día.

Conto acumulativo rexistrado en orella pendella, web para a difusión da literatura popular infantil en Galicia. Hoxendía non hai apenas trasmisión oral, o estilo devidamodernonon deixatempo para historias...mágoa.Menos mal que hai que as rexistra para que non desaparezan no esquecemento definitivo, podedes visitar a páxina, emesmo facer achegas dende a memoria davosa infancia ou dos vosos maiores.








Ningún comentario:

Publicar un comentario