luns, 18 de xaneiro de 2021

a maleta do avó

David hoxe elexíu o recuncho do xogo simbólico (A casiña),  parece que vai de viaxe, ou se cadra só vai traballar, de picnic ou facer a compra ao super, ao fin, no universo mental infantil un obxecto pode facer infinitas funcións só coa forza do maxín.

Se David poidera ler a etiqueta sabería que esa maleta foi do seu avó e andivo por paises exóticos e afastados da terriña, pero non pode, aínda non lle chegou o tempo de xuntar as letras. O seu avó tampouco pode ler, a él, en troques, o tempo rematoulle cedo de máis, non lle deu nen para coñecer ao neto. 

David non o sabe pero mentres el xoga a viaxar  quen sabe onde, eu ollo para él e véñenme todos estes pensamentos á cabeza (pero qué sentimental!) e imaxino ao avó entre as nubes mirando para o netiño a arrastrar a maleta e a pensar o guapiño que saíu,  se cadra véñenlle á cabeza lembranzas da súa nenez na aldea dos anos 50, sen escola, pensará qué sorte teñen estes meniños de poder ir á escola sen saber a falta que estes meniños teñen de liberdade, campo e animais, pensará moitos pensamentos e de seguro pensará e desexará que se algunha vez o meniño colle unha maleta para viaxar de verdade,que sexa por gusto e non por necesidade.

Diredes que perdo o tempo a pensar estas parvadas pero estou segura que algo do avó ten a maleta que agarra a man do meniño e penso, e dalle con tanto pensar,  qué sorte teño eu de poder ser parte desta historia entrañabel!



2 comentarios:

  1. A bágoa rondando con este texto maravilloso. Meu fillo e meu pai unidos por unha maleta. Eres moi grande Karina. Gracias!!!

    ResponderEliminar
  2. A bágoa rondando con este texto maravilloso. Meu fillo e meu pai unidos por unha maleta. Eres moi grande Karina. Gracias!!!

    ResponderEliminar