venres, 29 de xaneiro de 2021

o orgullo de ser encargada

Eu trato de non afondar na división entre os diferentes cursos do cole e fomentar a percepción de un só grupo, pero é inevitabel a conciencia de curso, pois ao comezar un novo, botamos en falta ás que marcharon para primaria porque eran as maiores, dando paso a un novo grupo de maiores, que fachenda!, que marcharán o ano que ven. 

As pequenas é patente quen son, son o novo alumnado que non coñeciamos; moitas delas acusan unha gran diferencia de madureza e falta de práctica nas dinámicas de grupo por ser novas na experiencia escolar, (moitas delas deixan o niño por primeira vez na súa vida),  por tanto, o resto do grupo e a profesora  flexibiliza as normas  para facilitar a súa familiarización e acomodamiento ao

novo contexto. Claro que isto ten un prezo: aceptar que se é pequeno, en relación ao resto do grupo. 

E os que non son maiores nen pequenas pois son as medianas e veñen de ser pequenas o curso pasado, por fin sacúdense a deshonrosa etiqueta!...Pero tamén hai un prezo: hai que "traballar".

Ao incio de curso, as maiores (que veñen de ser medianas) arroldan a responsabilidade de ser encargada,  e por tanto realizan con quendas semanais,  algunhas tarefas de organizaciónn e intendencia: colocar os coxíns, pasar lista, rodear o día no calendario, por as etiquetas das actividades que nos agardan ao longo do día..., e tamén teñen certos privilexios como escoller o conto ou participar en certas decisións con voto "de calidade". Xa ben andado o primerio trimestre suxíreselle ás medianas que poderían ser encargadas para axudar a Cleo e Carla, e por suposto se algúnha pequena en calquera momento do ano se decide a ser encanrgada ninguén a vai frear a súa iniciativa.

Saray foi a primeira en animarse, se cadra, o seu 4º aniversario puxou pola súa determinación. É un momento moi bonito ser testigo do proceso de unha nena a sentirse competente e aportar a seguridade que lle fai falta para que emprenda a tarea con máis alegría que dúbidas. E así un día díxonos que xa estaba preparada, de modo que cando chegou á súa quenda axudámoslle  para que arrincara, eu anímoa para que asuma esa responsabilidade, así que debo asegurarme de que a experiencia é vivida con satisfacción.

Area resistíase máis, Area non quería ser maior (cómo sabe ela da trampa irreversible de tal cousa!), Pero a semana pasada Area tamén dixo estar preparada e hoxe, empezando o segundo trimestre dúas nenas do cole deron un paso importante. Xa son encargadas, xa teñen responsabilidades, xa traballan despois da roda, despois dun curso (curso moi atípico polo confinamento) vivindo a escola coas responsabilidades mínimas da convivencia, hoxe elas deron un grande paso coas súas pernas pequenas.










Ningún comentario:

Publicar un comentario