luns, 26 de abril de 2021

obradoiros 2. Colares de madeira

Esta vez foi Gelucho o avó de Cleo, ela levaba emocionada xa dende días atrás (se quedamos ás 4, son feliz dende as 3, como dicía O principiño). Alí el explicaba,contaba das diferentas madeiras que traía e eles lixaban e daban cera, uns colaboraban con outros atando os cordóns, pois non todos poden de momento, facer nós, xa poderán,. No futuro, os que reciben axuda,  ofrecerána orgullosos dasúa competencia. E , de colofón, excursión á Fonte da Moura, o Gelucho dixo que o pasara moi ben, alégrome, máis o importante foi a pegada que deixou neles, o agasallo do colar non por menos lindo,  é o de menos, o que se aprendeu e o agarimo recibido é o que queda no corazón e vai formando as persoiñas






Ningún comentario:

Publicar un comentario