luns, 26 de abril de 2021

Vai o gato metido nun saco!

Chegou hai un par de meses a proposta: Participar  nun proxecto musical galego-portugués. Os meninos cantores de Ponte nas Ondas!, Este ano titulado Cantamos Nós! Imposible dicir que non. este proxecto vai moito máis aló do musical, é cultura, é convivencia e é patrimonio, así que aló nos mergullamos na apaixoante e cansada aventura de ensaiar O gato metido nun saco. Aínda que Gato Pelado non estaba moi de acordo con blanquear tan vil historieta, as crianzas son quen de topar motivación nos sitios máis escuros. Cantamos moito, inventamos, xogamos,  debuxamos gatos e sacos e por fin mañá  veñen os da Casa de Tolos a gravar cos seus cachivaches. Oxalá non se me asusten as miñas pequechas pois embarqueinas nun proxecto que, se cadra, ten máis que ver cos nosos anceios deadultos nós máis que cos seus intereses infantiles.  A elas quedaralle a lembranza para o futuro, e así, dende o presente hacia o futuro, como dende o pasada hacia o presente, imos impulsando pola vida adiante proxectos para construir alianzas para a fraternidade entre persoas, pobos e culturas. Ah, e que non falten as bolachas para os nosos convidados!














Ningún comentario:

Publicar un comentario