luns, 26 de abril de 2021

escola dende a vida real para a vida soñada 4. Réquiem polo paxariño

O paxariño morreu, morreria de frío, de fame?, porfalta de coidados?  o caso é que vémonos diante dunha situación extraña pois eles quererían conservalo así como se durmira, non imaxinan que en días comezará a feder...Así que decidimos facerlle un enterro e cantarlle unha canción para que marche contento, e tamén,por qué non, decidimos realizar con barro, un niño novo por selle facía falta a outro paxariño calquera día. Qué sorte que ese día non habia planificada unha ficha,que puidemos atender aos acontecementos diarios que tanto lles motivan,que sorte que había no cole barro, un sacho, e a posibilidade de seguir, de novo, ás súas propostas e conducir a planificación e realizacións conxunta.











Ningún comentario:

Publicar un comentario