venres, 2 de abril de 2021

escola dende a vida real para a vida soñada (2) Gran sorteo!

Deixaron un agsallo na porta do cole, un libro e...3 chapas, 3!, todas as crianzas queren chapa, xa sabemos que o seu entusiasmo (institnto de supervivencia e maduración) é inescrutabel e todo lles fai ilusión. Cómo facemos entón?, a resposta non é moi orixinal, un sorteo. Non é orixinal nen creativa nen diverxente, é o que se ocorrería a calquera (podía ser pior e facer un concurso e polos a competir), pero é un detonante para as actividades escolares. Xa temos un miniproxecto. Teño que explicar en qué consiste o sorteo,bon, teño que explicar qué é un sorte e cal é a súa lóxica, teño que conseguir que entendan que é unha forma de decisión bastante democrática e igualitaria, preparar as mentes para aceptar o resultado sexa cal for. As crianzas teñen entre 3 e 5 anos, unhas entenderán mellor e outras peor,en todo caso, aínda quen non entenda gardará na súa memoria conceptos e ideas desordeados que lle servirán para entender algo similar na próxima volta. Non se estraga nada, o que non se aproveita no momento queda en abstracto flotando na psique. Explicarei tamén a mecánica do sorteo, meteremos nunha caixa tantas papeletas como crianzas somos, xa que logo hai que contar, pero hai que contar para algo e por algo, por tanto a aprendizaxe quedará mellor asentada nas estruturas cerebrais, pois vai lubricada con emoción (sen emocion non hai aprendizaxe!). Somos nove, sí somos dez pero eu non entro, por tanto 10 menos 1 somos nove. Eu non son coma eles, eu son a profesora, non nos confundimos. enton,meteremos 9 papelestas nunha caixa, tres delas terán unha cariña sorrinte, o que significa que levan premio e as outras no. Cántas NON levan premio? Outra vez a contar, a sumar, a restar,...a  manipular mental e físicamente cantidades, pero por algo e para algo. Hai que elaborar as papeletas, cortar nun folio 9 cadrados e debuxar en tres deles un sorriso e nos outros nove unha cara triste, debuxamos pois, recortamos, elaboramos símbolos, pregamos,un cadrado transfórmase nun restángulo (máis ou menos perfecto según a pericia e o dominio da sicomotricidade fina) e éste de novo noutro cadrado, xeometría, pois. Facemos reconto. Non todos participan en todas as fases do proxecto, non é preciso nen necesario nen posible, aquí convivimos persoas de diferentes capacidades e inclinacións, pero uns días compensan aos outros, hoxe non participas, mañá sí. Por fin chega o momento anceiado, O Gran sorteo!, agora sí participamos todos, agrdecemos á que recortaron, pregaron e debuxaron, Introducimos a man na caixa e a diosa. Fortuna fai o resto, uns quedan moi contentos, outros mais ou menos indiferentes e a outros tócalles hoxe traballar a frustración. Todos gañamos uns aprenderon matemáticas e colaboraron coa comunidade, outros levaron a chapa para casa e outros, os que máis traballaron, aprenderon a encaixar a frustración, mañá o reparto de tarefas será outro. Todos gañamos, sen libros, sen fichas, o que a vida nos vai agasallando cada día.







Ningún comentario:

Publicar un comentario