mércores, 19 de xaneiro de 2022

152 mandarinas

Non estaba previsto que hoxe tocara aprender o 152, nen o M, nen o A, nen o concepto de infinito, pero a vida real, e a xenerosidade das familias, trae esas oportunidades que non se poden ignorar, máis que nada porque veñen cargadas de motivación, elemento esencial nunha aprendizaxe eficaz. 

En realidade ese día ia facer a avaliación (que preguiza) pero as mandarinas impuxéronse, pesámolas, contámolas (profe ata onde chegan os números?), debuxámolas, fixemos zume (hai que

colocalas na posición correcta para cortalas pola metade e ter coidado co coitelo), e tamén lavamos o exprimidor e botamos as mondas ao composteiro. 

Cantas cousas verdade?, cantas aprendizaxes, doces leccións que nos deixaron un sabor na boca...a mandarina!

Quen sabe, a semana eu ven inda podemos facer marmelada (retirar as fibras brancas é o exercicio perfecto de psicomotricidade), escribir a receita, deseñar as etiquetas, embotar...e facer amigos!!!

Mina nai o partido que se lle saca a unha bolsa de mandarinas!!!

E, por certo, temos mandarinas para compartir, quen queira que veña que leva unhas poucas.














Ningún comentario:

Publicar un comentario