mércores, 31 de xaneiro de 2024

proxecto Mercurio

 

O proxecto Mercurio é unha exposición itinerante da réplica dun achado prehistórico procedente de Taboexa, que está custodiado e exposto no Museo de Pontevedra. Ao abeiro da mostra propomos varias actividades de intercambio entre o alumnado de Taboexa e outras persoas (alumnado de outros centros, centros de día de persoas maiores, clubs deportivos, etc)

A Escola de Educación Infantil de Taboexa é un centro público que acolle arredor de dez crianzas de entre 3 e 6 anos.

Sabedoras de que a aba sur do Monte Sanomedio está inzado de restos prehistóricos (petróglifos, o Castro de Altamira…), lendas e lugares emblemáticos, que as crianzas, ao ritmo da súa idade e entusiasmo, coñecen e gozan, deixámosvos con ilusión esta pequena proposta que aúna pracer, aprendizaxe e

martes, 30 de xaneiro de 2024

respectar os ritmos 2/3

Dito concepto precisa unha mención especial para as meniñas
do primeiro ano, aquelas que entran no cole con 2 ou 3 anos, aquelas que por primeira vez na súa vida (na meirande parte dos casos) deixan o acubillo do fogar todos os días para enfrontarse á vida social, aos iguais, a unha figura de protección nova, a mestra, a unhas novas rutinas, normas, dinámicas...

Respectar os ritmos pode ser adaptar o horario (para quen poida), rebaixar a xornada escolar de 5 a 4 horas (decatástesvos de que estes pequechos teñen a mesma xornada que nenos e nenas de 12 e 16 anos?). Agardanlles 10 anos de escolarización. Paga a pena unha familirización lenta e ben saboreada.

Respectar os ritmos tamén inclúe non someter a estas crianzas a ningunha tarea propiamente escolar máis aló das súas propias iniciativas e do que poden captar polo ambiente no que se moven. A didáctica das letras non vai dirixida a elas, máis, se queren poden

portas abertas Na EEI de Taboexa


Aquí andamos outra vez anunciando que a Escola de Taboexa abre as súas portas para quen queira coñecernos. Unha escola pública para crianzas de entre 3 e 5 anos. Un proxecto de coidado, acompañamento e guía no proceso de madurez, socialización e aprendizaxe do alumnado, nun contexto de respecto entre as persoas, coidado da natureza, integración comunitaria, igualdade e compromiso cos valores dun mundo mellor. Ese é o anceio.

Convidámosvos a coñecernos o día martes 20 de Febreiro ás 16.00 horas na Escola. 

Prégase confirmación a través dalgumnha das opcións que aparecen ao final deste artigo.

respectar os ritmos 1/3

 

5 alumnos/as, 4 exercicios. A profe observa e rexistra pero ninguén fala de idades nen niveis. Cada un coa tarefa que representa para sí, un desafío acorde á disposición de ánimo, a motivación e a súa capacidade de atención. Unha dificultade situada na zona de desenvolvemento próximo da que falaba Vigotsky a principios do século XX, un concepto deses pouco comúns que cando os aprenden parece que poñen orde no cerebro e reconcilian ao estudante coa súa tarefa. A zona de desnvolvemento próximo é aquel tramo de difucultade que se sitúa entre o que un persoa sabe/pode facer e o que non. No medio sitúase aquela dificultade que, con algún tipo de axuda, a persoa sería quen de solventar. Así a ZDP vai avanzando cara a dificultades cada vez máis altas, e a persoa segue a elaborar a sensación de competencia e a mellorar o seu autoconcepto, o cal, impulsaráa a acometer desafíos