O proxecto Mercurio é unha exposición itinerante da réplica dun achado prehistórico procedente de Taboexa, que está custodiado e exposto no Museo de Pontevedra. Ao abeiro da mostra propomos varias actividades de intercambio entre o alumnado de Taboexa e outras persoas (alumnado de outros centros, centros de día de persoas maiores, clubs deportivos, etc)
A Escola de Educación Infantil de
Taboexa é un centro público que acolle arredor de dez crianzas de entre 3 e 6
anos.
Sabedoras de que a aba sur do Monte Sanomedio está inzado de restos prehistóricos (petróglifos, o Castro de Altamira…), lendas e lugares emblemáticos, que as crianzas, ao ritmo da súa idade e entusiasmo, coñecen e gozan, deixámosvos con ilusión esta pequena proposta que aúna pracer, aprendizaxe e
vinculación ao territorio.O MERCURIO
O Mercurio é unha estatuíña de bronce de
12 cm achada no Castro de Altamira que hoxe constitúe unha das pezas romanas
máis importantes das salas de arqueoloxía do Museo de Pontevedra. Podedes ver
unha réplica en pedra na rotonda de Taboexa (saída 287 da A-52).
Cumprindo co mandato da Moura de
Taboexa, as crianzas levaban uns anos visitando o devandito Museo coa misión de
recuperar o Mercurio para a Moura, a gardiá do noso monte. E así, entre
fantasías e negociacións entre a mestra e o Museo, éste prestouse a encargar
unha réplica para nós. En maio de 2020 realizouse entrega da réplica co ánimo
de devolver, dalgún xeito, a peza ao seu lugar. Estamos agradecidas por ese xesto.
Para nós e unha responsabilidade
ilusionante, pois encaixa co propósito do centro de impulsar relacións vivas
coa contorna, así que dispoñémonos a compartir con vós ao Mercurio, xunto con outros
recursos patrimoniais, con ledicia e determinación.
A PROPOSTA
Suxerimos que a figura se sitúe nun
espazo visible e protexido. O proxecto cobrará senso se a exhibición se
acompaña,nalgún grupo, de algúnha actividade de aula ao respecto da historia,
prehistoria, etc. (ofrecemos tamén uns moldes caseiros para facer mercurios en
arxila ou xeso). Para ese grupo a proposta extendesae cun convite a visitarnos,
coñecerá a Escola de Taboexa e a súa contorna natural, chea de encantos: O
Castro de Altamira onde apareceu Mercurio, os petróglifos musealizados de A
Coutada ou a historia da Moura de Taboexa.
Se cadra mesmo vos animades a
acompañarnos na nosa excurisón anual ao Museo de Pontevedra
O encontro dos dous grupos, crianzas e maiores, só deixará beneficios: algúns dos
alumnos/as do instituto serán veciños, coñecidos ou parentes dos pequenos, e mesmo
pode haber exalumnos da Escola de Taboexa. Estes desfrutarán da compaña das
crianzas e reforzarán na contorna os seus coñecementos de historia, impulsando
así a valoración da mesma. Por outra banda, as crianzas empodéranse ao sentirse,
eles e o seu mundo, obxecto do interese dos admirados maiores.
E así, con espírito de compartir,
aprender e valorar o noso, tecendo redes, lanzámosvos esta invitación para quen
a queira atrapar.
As persoas ou institucion interesadas poden contactar a traves do correo electrónico: eei.taboexa@edu.xunta.gal.
Tamén estades convidadas polas
educadoras do Museo de Pontevedra, a visitar as salas de arqueoloxía, onde ademais
do auténtico Mercurio, están outras das fermosas pezas romanas atopadas en Taboexa.
Poderedes completar o percorrido contemplando
os famosos tesouros da prehistoria, como o Tesouro de
Caldas, os torques
castrexos de ouro ou as tumbas romanas de A Lanzada. Aproveitade! É un museo gratuíto! Se queredes contactar co
departamento de Educación, podedes chamar ao 986 804 100 ou escribir á seguinte
dirección: educacion.museo@depo.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario