5 alumnos/as, 4 exercicios. A profe observa e rexistra pero ninguén fala de idades nen niveis. Cada un coa tarefa que representa para sí, un desafío acorde á disposición de ánimo, a motivación e a súa capacidade de atención. Unha dificultade situada na zona de desenvolvemento próximo da que falaba Vigotsky a principios do século XX, un concepto deses pouco comúns que cando os aprenden parece que poñen orde no cerebro e reconcilian ao estudante coa súa tarefa. A zona de desnvolvemento próximo é aquel tramo de difucultade que se sitúa entre o que un persoa sabe/pode facer e o que non. No medio sitúase aquela dificultade que, con algún tipo de axuda, a persoa sería quen de solventar. Así a ZDP vai avanzando cara a dificultades cada vez máis altas, e a persoa segue a elaborar a sensación de competencia e a mellorar o seu autoconcepto, o cal, impulsaráa a acometer desafíos cada vez máis complexos. Coa nosa guía e acompañamento.
Rosalía e Xián andan na procura das letras dos nomes de algúns compañeiros, co modelo diante. Xurxo fai un exercicio de identificación de vogais, Seixo de identificación de todas as letras e Oscar, le a lista da compra, suma as cantidades e resta dos 20 euros que lle dín para ir ao mercado.
Todos e todas aprenden e avanzan, teñen 2 anos para ir pasando de exercicio en exercicio. Non hai presa. Conto co seu patrón interno que dende que naceron os impulsou a agarrar obxectos, levantar a cabeza, camiñar, controlar esfínteres, falar, etc etc, sen ninguén que presionara. Co entusiasmo propio da infancia de encarar case todas as nosas propostas. A nós nos corresponde preservar ese tesouro: o entusiasmo infantil e ser responsables con él.
Ningún comentario:
Publicar un comentario