martes, 30 de xaneiro de 2024

respectar os ritmos 2/3

Dito concepto precisa unha mención especial para as meniñas
do primeiro ano, aquelas que entran no cole con 2 ou 3 anos, aquelas que por primeira vez na súa vida (na meirande parte dos casos) deixan o acubillo do fogar todos os días para enfrontarse á vida social, aos iguais, a unha figura de protección nova, a mestra, a unhas novas rutinas, normas, dinámicas...

Respectar os ritmos pode ser adaptar o horario (para quen poida), rebaixar a xornada escolar de 5 a 4 horas (decatástesvos de que estes pequechos teñen a mesma xornada que nenos e nenas de 12 e 16 anos?). Agardanlles 10 anos de escolarización. Paga a pena unha familirización lenta e ben saboreada.

Respectar os ritmos tamén inclúe non someter a estas crianzas a ningunha tarea propiamente escolar máis aló das súas propias iniciativas e do que poden captar polo ambiente no que se moven. A didáctica das letras non vai dirixida a elas, máis, se queren poden

estar atentas e ir aprehendendo conceptos e ideas. Na escola hai gran cantidade de material que poden manipular respondendo a ese patrón interno que mencionaba na entrada anterior, o que lles impulsou a mamar, gatear, levantar a cabeza, camiñar, falar....o que hoxe os impulsa a facer liñas, torres, simetrías, clasificacións, ordeacions, etc.

A proposta da Escola de Taboexa para as crianzas de 3 anos é entrar ás 10 da mañá (o que prefira entrar ás 9 pode facelo, naturalmente) xogar nos diferentes espazos da aula (os recunchos) até as 11, despois a merenda e o tempo libre, que consiste en xogar no patio até as 13 horas. Entón, chega a hora do conto, Total que un día rutinario (claro que tamén hai outras actividades fora das rutinas) o cole consiste en xogar dentro, xogar fora e o conto. Sí. Lembrade que o xogo é o traballo da crianza.

Iso sí,as de 3 anos recollen os xoguetes como calquera dos seus compañeiros. As limitacións, normas obrigas, tareas etc das meniñas e meniños de 3 anos son exclusivamente aquelas referidas á sguridade e saúde, e á convivencia e o trato correcto entre as persoas. As tarefas escolares xa virán. Imos pouco a pouco e con paso firme construíndo uns sólidos alicerces para o que qaueda por vir: A vida escolar.








Ningún comentario:

Publicar un comentario