“Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus labios, aínda que arredor sentise, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da escravitude.” Lieders (1858)
luns, 26 de febreiro de 2024
138 primaveiras máis para Rosalía de Castro...
...e que nunca deixemos de lembrala, pero non como aquela poeta/mártir melancólica, enfermiza, fráxil e contemplativa que canta á paisaxe e láiase permanentemente de todo cal Cristo na Paixón, se non como a muller forte e loitadora que dende a súa magnífica sensibilidade denunciaba valentemente o clasismo e a exclusión, o machismo e as inxustizas, e que soubo facelo a pé de rúa e dende a máis alta literatura. Así é hoxe recoñecida (non na súa época), non só como a poeta de Galicia, a que elevou o galego a idioma literario contemporátneo, se non como figura fundamental da literaura do Estado Español, e poeta europea de primeiro orde precursora da poesía moderna e o feminismo
trampas para velutinas
As abellas son axentes polinizadores esenciais para a continuación da vida no planeta. As abellas son seres vivos parte do noso ecosistema e só por iso xa son importantes. as velutinas son máis grandes e voraces, e carnívoras, viñeron de Asia e comen ás nosas abellas, causando verdadeiros estragos nas súas poboacións. Non sei se as nosas trampas caseiras son abondo eficaces, pero como actividade escolar paréceme altamente axeitada.
- É unha actividade con significado para o alumnado
- Involucra aspectos cognitivos e manuais
respectar os ritmos 3/3
No último parágrafo da anterior entrada (respectar os ritmos 2/3) xa apuntaba a idea que hoxe considero amerita unha entrada propia: Respectar os ritmos non significa que as crianzas fan o que queren todo o tempo. Ás veces teñen que facer cousas que non queren facer ou deixar de facer aquilo que desexan. Como a vida real.
É raro que unha crianza desexe recoller os xoguetes. É moi habitual que, ás 2 da tarde, cando chegan as nais (son a maioría) eles e elas queiran seguir xogando e non desexen ir para casa. É tamén habitual que as cazadoras queden no chan se a
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)