luns, 26 de febreiro de 2024

respectar os ritmos 3/3

No último parágrafo da anterior entrada (respectar os ritmos 2/3) xa apuntaba a idea que hoxe considero amerita unha entrada propia: Respectar os ritmos non significa que as crianzas fan o que queren todo o tempo. Ás veces teñen que facer cousas que non queren facer ou deixar de facer aquilo que desexan. Como a vida real.

É raro que unha crianza desexe recoller os xoguetes. É moi habitual que, ás 2 da tarde, cando chegan as nais (son a maioría) eles e elas queiran seguir xogando e non desexen ir para casa. É tamén habitual que as cazadoras queden no chan se a

mestra non insta a deixalas na percha.

Entón cando na anterior entrada dícese que o alumnado novo, o que ten 2 ou 3 anos, non é inducido a realizar tarefas escolares, sería unha inxenuidade pensar que non están facendo outros moitos traballos, que pasan a xornada escolar como unha festa continua. Claro que non. Dende que entran no cole están practicando unha multitude de hábitos e rutinas, todas relacionadas coa orde, a seguridade, a saúde, e a convivencia. Estou convencia de de que é un gran esforzo o que fan esas pequenas crianzas, grande e moi importante, pois é a base das actividades académicas que virán despois. Debemos ser conscientes disto e compañalos con comprensión e firmeza.

Respectar os ritmos non significa deixar de realizar as funcións que nos corrresponde como responsables das crianzas: guialos polo proceso de socialización na asertividade: facerse respectar, respectando. Acompañalos amorosa e firmemente na interiorización de hábitos e rutinas de convivencia, seguridade e saúde, que non sempre van a comprender ou aceptar de bó grado, pois eles viven na etapa do pracer, a expansión e o momento presente. Eles están no momento marabilloso da infancia e así deben vivilo. Non podemos agardar de eles certos criterios de responsbilidade ou consideración hacia os demáis, pois o seu desenvovemento cognitivo é aínda precario. O cerebro humano non se remata de construir ata ben entrada a idade adulta. Por tanto correspóndenos a nós, adultos de referencia asumir a  responsabilidade e a forza de vontade da que eles non dispoñen. Cargar a unha criatura preescolar con decisións e responsabiliadees que non lle corresponden non é respectalas, é deixación de funcións. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario