luns, 26 de febreiro de 2024
138 primaveiras máis para Rosalía de Castro...
...e que nunca deixemos de lembrala, pero non como aquela poeta/mártir melancólica, enfermiza, fráxil e contemplativa que canta á paisaxe e láiase permanentemente de todo cal Cristo na Paixón, se non como a muller forte e loitadora que dende a súa magnífica sensibilidade denunciaba valentemente o clasismo e a exclusión, o machismo e as inxustizas, e que soubo facelo a pé de rúa e dende a máis alta literatura. Así é hoxe recoñecida (non na súa época), non só como a poeta de Galicia, a que elevou o galego a idioma literario contemporátneo, se non como figura fundamental da literaura do Estado Español, e poeta europea de primeiro orde precursora da poesía moderna e o feminismo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario