luns, 26 de febreiro de 2024

trampas para velutinas

As abellas son axentes polinizadores  esenciais para a continuación da vida no planeta. As abellas son seres vivos parte do noso ecosistema e só por iso xa son importantes. as velutinas son máis grandes e voraces, e carnívoras, viñeron de Asia e comen ás nosas abellas, causando verdadeiros estragos nas súas poboacións. Non sei se as nosas trampas caseiras son abondo eficaces, pero como actividade escolar paréceme altamente axeitada. 

  1. É unha actividade con significado para o alumnado
  2. Involucra aspectos cognitivos e manuais
  3. É unha actividade útil para o medio natural e social (iso queremos crer)

En hora e media elaboramos 9 trampas, e son crianzas moi pequenas, qué non se podría facer con crianzas maiores?. Tamén merendamos zume de arandos que trouxo Dani o pai de Seixo, e galletas (max 2 por persoa, máis as que como eu ás agachadas). Foi un día especial dentro da nosa marabillosa rutina. Imos todas a facer unha trampa para velutinas!








Ningún comentario:

Publicar un comentario