30 de xuño 21 horas. É preciso pechar o curso, actualizar as matrículas para o vindeiro, facer a memoria, despedir o blog, despedir o blog, despedir o blog, pechar esta manchea de pensamentos arredor da infancia e a educación infantil que asemella máis crianza que educación porque unha cousa non vive sen a outra cando falamos de meniños e meniñas tan pequenos. Non
venres, 28 de xuño de 2024
visita honorable
...e honrosa. Descoñécese o alcance da visita do decano da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense, Xosé Manuel Cid, pero sentímonos honrados con ela. Unha autoridade do eido do ensino que se interesa pola Escola amosa unha permeabilidade, un diálogo entre a da academia e a vida real das escolas, das escolas humildes, das escolas do rural, lugares pequenos onde se fan grandes cousas. E tamén é un recoñecemento á nosa labor, cousa que se agradece especialmente.
Así que, por unha cousa ou outra mostramos aquí o noso orgullo polo esforzo de achegarse a nós. A pesar
luns, 10 de xuño de 2024
montescola 24
Un ano máis fixémolo posible. Unha semana de actividade escolar íntegramente no monte, sen pisar sequera a escola, rutinas diarias similares ás da escola pero ao aire libre, cun chisquiño máis de movemento, xogo, auga, barro, e cómo non, maxia e aventura! Ésta viña da man da nosa Mouri, que outravolta desapareceu e a Moura, súa nai, deixounos unha nota no cole, ben vimos as súas pegadas!, Tiñamos que ir na procura de Mouri polo monte e ela deixaríanos as pistas, e así que foi,cada día unha aventura, cada día coñecer un lugar da nosa contorna natural (coto Morgallón, poza da Edreira, coto da Escola...) e cada día un cacho de mapa que no venres completamos. Estamos cerca do final, do final da aventura, do final de curso, e para Oscar, do final da súa escolarización en Taboexa. Isto ben merece todas estas peripecias!
E foi posile grazas á colaboración de toda a comunidade educativa, da Comunidade de Montes de Taboexa pero especialmente quero agradecer a Ariana e Rocío, da EFA A Cancela, que acompañaron este Montescola axudando a coidar das crianzas, facilitando actividades lúdicas e aportando a súa simpatía e cariño pola infancia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)