luns, 10 de xuño de 2024

montescola 24

Un ano máis fixémolo posible. Unha semana de actividade escolar íntegramente no monte, sen pisar sequera a escola, rutinas diarias similares ás da escola pero ao aire libre, cun chisquiño máis de movemento, xogo, auga, barro,  e cómo non, maxia e aventura! Ésta viña da man da nosa Mouri, que outravolta desapareceu e a Moura, súa nai, deixounos unha nota no cole, ben vimos as súas pegadas!, Tiñamos que ir na procura de Mouri polo monte e ela deixaríanos as pistas, e así que foi,cada día unha aventura, cada día coñecer un lugar da nosa contorna natural (coto Morgallón, poza da Edreira, coto da Escola...) e cada día un cacho de mapa que no venres completamos. Estamos cerca do final, do final da aventura, do final de curso, e para Oscar, do final da súa escolarización en Taboexa. Isto ben merece todas estas peripecias!

E foi posile grazas á colaboración de toda a comunidade educativa, da Comunidade de Montes de Taboexa pero especialmente quero agradecer a Ariana e Rocío, da EFA A Cancela, que acompañaron este Montescola axudando a coidar das crianzas, facilitando actividades lúdicas e aportando a súa simpatía e cariño pola infancia.

Pero MOuri non apareceu, parece que non rematou aínda a historieta, falta a sáida final, a definitiva, onde a Raposa Raquel Queizás nos axudará co seu olfacto infalible, a topar a Cova da Moura, e alí a merenda, a MOuri, e o Tesouro!!! coma sempre, pero cada ano coa ilusión da primeira vez. esa éa maxia da infancia e algúns temos a fortuna de deixarnos contaxiar dela! 




















Ningún comentario:

Publicar un comentario