venres, 28 de xuño de 2024

visita honorable

 ...e honrosa. Descoñécese o alcance da visita do decano da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense, Xosé Manuel Cid, pero sentímonos honrados con ela. Unha autoridade do eido do ensino que se interesa pola Escola amosa unha permeabilidade, un diálogo entre a da academia e a vida real das escolas, das escolas humildes,  das escolas do rural, lugares pequenos onde se fan grandes cousas. E tamén é un recoñecemento á nosa labor, cousa que se agradece especialmente.

Así que, por unha cousa ou outra mostramos aquí o noso orgullo polo esforzo de achegarse a nós. A pesar

do nulo apoio da administración para que se lle poidera atender como amerita. A sorte é que o señor Cid soubo adaptarse ás condicións singulares do traballo das Unitarias e por iso, os azos que nos deu esta vista anímanos a seguir traballando duro por ofrecer ao noso alumnado a mellor calidade educativa. Gracias, Cid, agardamos verte de novo!


Ningún comentario:

Publicar un comentario