xoves, 19 de setembro de 2024

arrancamos!

Agora sí! faltaba Mouri! todos os anos temos que ir ao Coto Morgallón a traela para o cole, ela non sabe que o curso xa comezóu, con este tempo tan soalleiro cre que inda estamos de vacacións, se cadra sábeo de sobra  pero anda preguiceira  disfrutando do dolce far niente do verán, ou tamén, se cadra ten tantas ganas de comezar coma nós pero xa nos apunta a primeira aventura do curso, ou tamén pode ser que a Moura, súa nai, teña morriña do soniquete algareiro das crianzas polo monte, ou tamén pode ser que a profe xa comezara o programa escolar coa lección de toponimia, ciencias naturais, xeografía, ecoloxía, coñecemento do medio, cohesión grupal... quén sabe? seguramente un pouco de todo. Benvidas outravolta á Escola da Rata ás crianzas e as familias, e benvidas tamén as novas incorporacións que, pouco a pouco van facendo parte desta linda familia que é a nosa comunidade escolar. Cruzamos os dedos (algo de traballo tamén haberá que porlle) para que a brisa do Coto Morgallón sexa sinalde un curso que se achega plácidamente anunciando vivencias saudabeis, divertidas, edificantes en fin...das que axudan a medrar a todas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario