O que quero expoñer aquí e por tanto convidar á correspndente reflexión, é o que aconteceu este luns. Precisei contextualizar a escea explicando que non é a profe a primeria que chega ámesa damerenda no patio, anque a partir de agora igual ten que sair a "pasar revista". Esete luns, arredor das 11 da mañá no medio da rutina que estaba relatando un rapaciño entrou na aula dende o patio todo alporizado polo que topou na mesa da merenda: unha botella de sidra rota. Ben, qué importancia ten isto? que un neno/a se pode cortar?, que teña dor, que se asuste, que a profe se sinta mal por non telo evitado, que unha nai lle reprenda por non coidar ben do seu fillo?, en principio estas consecuencias son improbables porque os nenos e as nenas xeralmente son coidadosos e saben que un cristal roto entraña un perigo e obran en consecuencia. Tamén porque teño a sorte de teru unhas familias comprensivas coa miña labor. E digo máis, no caso de que un meniño se cortara (de xeito leve) sería unha oportunidade de aprendizaxe canto ao autocoidado e a prudencia...
Pero non, o que molesta non foi a escea imaxinaria do sangue esvarando pola manciña infantil, o que molesta e a falta de sensibilidade, de educación e de respeto de unha persoa que estivo disfrutando do espazo escolar, preparado con moito coidado e cariño para o disfrute do alumnado e tamén, por qué non, de toda a comunidade , pois celebramos o feito de compartilo, só porque esa persoa tivo preguiza de retirar o lixo. Qué irresponsabilidade a da persoa (madura abondo para beber sidra) que sabendo que esa mesa é un espazo de uso de crianzas de 3 anos deixa unha botella rota encima.
Non é para tanto dirá algún, todos fomos novos e inconscientes, esta profe protesta por todo... bueno, pode ser, o caso é que non é a primeira vez que aparece lixo no cole, bolsas das chuches, latas de refresco baleiras...e cousas máis noxentas tamén, non moitas veces, menos mal. Entón, da carraxe porque hai problemas no mundo que non nos sentimos quén de arreglar, quen dera poder parar as guerras, verdade? pero as pequenos xestos sinxelos que sí podemos facer para mellorar a convivencia diaria aquí no noso terruño? (deixar un espazo do que te estás beneficiando, cando menos, como estaba), eses sí que os podemos facer. Se non os facemos, con qué autoridade criticamos aos políticos?
Non sei a quen dirixo este sermón, vouno soltar ao vento a ver se topa unha orella compasiva que o aproveite. En todo caso benvidas de corazón as persoas que disfrutan do patio*. Para a escola é un feliz cometido o de ser útil á comunidade.
* A principio de curso tamen topamos algunha desfeita na Fonte da Moura (Fonte da Cabreira). Alguén rompeu o banco de madeira que, repito, con todo cariño foi construido polos pais do alumando do cole. Vale a vida que por cada irresponsable hai unha alma xenerosa que o reparou sen eu saber a súa identidade. A do malandro descoñézoa (mellor), a do benfeitor, téño as miñas hipóteses, aquí solto tamén ao vento a miña gratitude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario