domingo, 19 de outubro de 2025

Apuntes de ciencia: motivación intrínseca/extínseca

A motivación é esa pulsión, activada pola emoción,  que empuxa ao ser humano a interesarse por algo, xa sexa de xeito manipulativo ou conceptual.

O estudante que non está motivado non aprenderá. Poderá, con moito esforzo e o consecuente desgaste psicolóxico e anímico, memorizar datos e, se acaso aprobar un exame, pero non aprenderá de xeito eficaz, non senso amplo, integral, útil para a realizción humana. Que é o que queremos non? ... non?

Existen varios tipos de motvación, o máis coñecido é o binomio intrínseca/extrinseca. Na motivación extrínseca, a conduta dase pola forza atractiva ou repulsiva hacia a

recompensa, castigo ou incentivo. Na motivación intrínseca, en troques,  por responder a necesidades psicolóxicas ou intereses propios do suxeito, como son a autodeterminación, a autorrealización, a curiosidade, e a sensación de competencia ou autoeficacia.

Evidentemente fronte á motivación extrínseca, que precisa insumos cada vez máis importantes (é tolerante, como as drogas), a motivación intrínseca, impulsada polo placer interno do individuo, é moito máis eficaz: As condutas intrínsecamente motivadas (coma o xogo), lonxe de ser triviales e carentes de valor, animan ao individuo a procurar novidades e afrontar desafíos, e por tanto, satisfacer necesidades psicolóxicas importantes, e aumentar a capacidade de adaptarse aos desafíos da vida real. 

O problema da motivación extrínseca, ademáis de ser costosa e ineficaz pola súa tolerancia, é unha característica perversa: que fagocita á intrínseca: Qué pasará cando unha persoa realizando unha actividade intrínsecamente motivada comeza a recibir incentivos externos por facelo? quizás o esforzo e a atención se focalicen na recompensa, pasando a percibir a tarefa como un medio para conseguila, sen importar demasiado na calidade do traballo? A motivación intrínseca foi desactivada. Coidado entón cos incentivos innecesarios que matan a curiosidade natural das crianzas. Xa o dicía Montessori, calquera axuda innecesaria entorpece a aprendizaxe.

Queda falar da motivación de logro que, para entendernos, podémola situar na esfera da competitividade, pero sen chegar á ese extremo pois a escola, como proxecto social, potencia a solidariedade e a cooperación. A motivación de logro é aquela que empuxa a actuar impulsada pola procura do recoñecemento social ou a evitación do fracaso ou o ridículo e aparece na vida dunha persoa cando ésta recoñece que resultado da súa actividade depende de éla e non do azar ou de outras persoas, podendo experimentar satisfacción ou vergonza.  

Qué conclusións sacamos para aplicar na escola? (en casa tamén ás veces, pois a casa é a escola da vida), Canto á mottivación extrínseca, sabendo que desactiva á motivación xenuina, a intrínseca, usala só en casos de emerxencia, polo perigo de moldear nas crinzas na indolencia, o desinteres e na incapacidade de esforzo. Canto á motivación de logro, hai que tratala con sumo coidado pois corremos o perigo de moldear seres demasiado dependentes da aprovación social, en concreto da potentísima aprovación da profe. E canto á motivación intrínseca, preservala e potenciala. 

Preguntámonos entón ¿Qué fai que unha actividade sexa intrínsecamente motivante? Pois por unha banda as caracterísitcas da actividade en cuestión, como que teña un nivel óptimo de reto, ou a novidade, a presentación atractiva, o tema interesante... Por outra banda, e aquí temos outro concepto moi interesante, a autopercepción de eficacia (ou como eu teño dito, a sensación de competencia): a confianza que sente o individuo nas súas posibilidades de éxito na tarea que se lle propón. E o sentimento de aotoeficacia depende -outra vez a bioloxía e o ambiente da man-,  non só do desenvolvemento cognitivo do suxeito se non tamén da interación e o contacto social, elementos que lle proporcionarán información acerca da súa valía, o grao de aceptación pola contorna, e por tanto das súas posibilidades.

Entón, así como na entrada anterior falabamos de preservar o modo descubrimento, hoxe falamos de preservar a motivación intrínseca. E digo preservar porque eu vexo a cotío que as persoas veñen ao cole xa motivadas, traen escrito na cara as ganas de aprender, de facer, de dicir, de porse ao dispor da escola para que ela guíe o camiño pero a forza xa a traen eles.

Deberes para a profe: coidar esmeradamente o deseño e a presentación de actividades, materiais, xogos etc para que conecten coas súas necesidades e coidar a autopercepción de eficacia,  se se me apura, na primeira premisa está a segunda incluída, se eu presento a unha crianza un exercicio que está fora das súas posibilidades intelectuais, non será quen de resolvelo e a súa percepción de autoeficacia baixará.

Que tal se lles deixamos tempo libre abondo para que eles se entreguen á súa actividade espontánea que está rexida pola natureza humana, moito máis sabia que nós, e observamos con atención para extraer as ideas que dirixan o deseño de materiais e actividades que imos propor?

Preservar o modo descubrimento, preservar a motívación intrínseca, preservar o sentimento de autoeficacia, coidar...sen estridencias, sen sobreestimulación, con moito sentido común e mirada honesta e respectuosa hacia a infancia.

Pecho esta entrada quizás de xeito un pouco brusco; o de xogar a ser psicóloga é cansado pero non quero deixar de intentar reflexionar e teorizar sobre a infancia e a escola, x son anos observanco acertanto e errando, sí, algo que dicir xa vou tendo,e, como colofón, x que falo do tempo libre, ese concepto tan denostado, poño enlace á normativa que limita o tempos de recreoa media hora!!!  Quén é o experto /a que revisou esa normativa? ORDEN de 25 de junio de 2009 por la que se regula la implantación, el desarrollo y la evaluación del segundo ciclo de la educación infantil en la Comunidad Autónoma de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario