mércores, 1 de outubro de 2025

Topamos a Mouri, xa pode comezar o curso!

 Agora sí estamos todas. Podemos comezar a transitar unha nova aventura, faltan algunhas crianzas e ben qeu lle notamos a ausencia, pero Mouri segue con nós, tivemos que vir  buscala ao Coto Morgallón porque parece que non se enteraba de que o curso 2025/26 xa comezou! ou sí que o sabía pero non tiña ganas de abandonar o dolce far niente do veran. ou foi unha broma porque lle encanta vernos corricar polo monte...ou foi a profe que argallou todo para dar a primeira lección de xeografía, toponimia, ciencias naturais, relacions social, ximnasia, quendas de xogo e tantas outras cousas aprendizaxes camufladas de disfrutte....

Así que, nestas primeiras semanas hai que compaxinar a atención esmerada e coiddosa ás crianzas que chegan novas e as que voltan, coa pelexa amarga coa administración qeu cada ano maltrata máis as docentes, especialmente ás Unitarias, que quere dicir que maltrata ao alumnado, profe mediante.

Peo resistimos, co apoio ds familias e o entusiasmo das nenas e nenos, non cexaremos no empeño de salvagardar unha educación respectuosa,  de calidade integrada na comunidade. Traballaremos duro para conseguilo, ánimo a todas, fácil non é, se non fora pola maxia das crianzas non poderíamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario