Pode que sexa un atrevemento tratar de teorizar sobre conceptos que non domino ben, e posiblemente meta a pata (case seguro, coma sempre) nalgunha das miñas aseveracións. Inda así insisto en transmitirvos as novas adquisicións intelectuis relacionadas coa miña profesión e cos vosos fillos/as, non só para a vosa información, senon támén porque, como a neurociencia xa desvelou, o mellor xeito de aprender algo non é nen escoitando, nen vendo, nen facendo, senon, explicándollo a outro; así que fago o esforzo de ordear contidos e esruturar o relato para eu aprender. Agradécense comentarios, matizacións, correcións etc...
Gústame ler e formarme na neurociencia porque aporta evidencia científica ás intuicións, crenzas e convicións que moitas voces recoñecidas en pedagoxía e sicoloxía xa anunciaban sobre a participación das emocións na aprendizaxe.
Ata que chegaron as ténicas de imaxeneoloxía do cerebro (como a Resonancia Magnética, TAC etc...) so se podían estudiar cerebros de cadáveres ou inferir teorías a partir de cerebros lesionados, como o caso paradigmático de Phineas Gage que, cravou un ferro na cabeza e sobrevivíu con todas as súas funcións indemnes agás a conduta. Hoxe pòdense estudiar cerebros vivos e observar a súa actividade.
Para mín a gran revelación da neurociencia foi a constatación da existencia no cerebro dun centro xestor das emocións que funciona inconsciente ou semiinconscientemente, qué impulsa á acción antes de que participe o noso cerebro racional, Pero tamén que a nosa vontade pode modular unha vez chega o impulso á nosa corteza frontal (a que danou Phineas Gage). Iso sí, pode modulala a medida que a corteza frontal vai madurando, proceso que conclúe aos 25 anos aproximadamente. Ahí es nada!
O curso pasado, contaba como o meniño, ante a proposta de facer o crebacabezas, foi transitando entre a disposición, despois o rexeitamenteo e finalmente a determinación coa que me deu a lección que eu transformei en reflexión teórica e publiquei aquí. Eu creo que a pasaxe do meniño do crebacabezas ilustra o que no seu momento me comprometin a explicar : Os sistemas motivacionais de aproximación ou evitación.
Ao principio dábanse as condicións para que o meniño expresara a súa disposición para facer o crebacabezas. O seu sistema emocional activara o modo aproximación:
- actividade motivante: nivel óptimo de reto, novidade, imaxe atractiva...
- sentimento de autoeficacia, ou competencia como eu adoito dicir: polo lado xenético depende do seu desenvolvemento cognitivo, e polo lado do ambiente depende da mensaxe que lle envía a súa contorna social ao respecto)
Seguidamente inervén a profe e aumentan as devanditas condicións:
- Aumenta de novo a motivación: por un lado a compañía de outra persoa sempre anima e por outro lado houbo unha inxección de motivación extrínseca (1) cando a profe modulou un tono de autoridade dicindo que debía continuar.
- auenta a percepción de autoeficacia (eu son capaz) porque a profe axuda colocando algunhas pezas. Reaxústase o nivel de dificultade e ademáis o final está mais cerca, máis visible,
Ningún comentario:
Publicar un comentario