domingo, 9 de decembro de 2018

o interminable encanto da liña recta


 ...e o seu  inevitable e gozoso final: a destrucion feliz da obra propia obra feita porque sí, porque me peta e me da a gana, e sen sabelo ninguén estou a practicar nocións de xeometría euclidiana, así como
practicamos aritmètica contando e clasificando as feixoas e as castañas.  ....e como coordino os meus esforzos e os do compañeiro ao enrolar a alfombra perfectamente perpendicular ao noso avance?...e observades como clasifico os monecos ao xogar con eles?
e a formación de figuras xeométricas formando un armonioso conxunto, e senq ueme mande ninguén nen cansarme...
Deixadenos xogar, adultos, que hai en nos propios unha guía interior que nos dicta os exercicios de matemáticas,lingua, coñecemento do medio, etc que debemos practicar, que o noso organismo está facendo un  gran traballo de cognición e de control dos movementos, un traballo invisible para que non sabe ver pero fascinante a pouco qeu poñas as lentes dever crianzas.











Ningún comentario:

Publicar un comentario