sábado, 15 de decembro de 2018

O monte nace na escola

 ...ou a escola nace no monte....tanto ten,o que sí sabemos de certo é que facemos parte da Natureza malia que ás veces estamos tentados a pensar que a humanidade é tan competente e tan avanzada, que poderíamos vivir sen ela, entón agroman as modernas doenzas...déficit de atención, estress, depresión, obesidade, avitaminose...xa aplicadas ás crianzas, tristemente.

A vinculación das crianzas coa natureza é notoria, nela,cada persoa atopa o estímulo exacto para a súa necesidade, podes correr ou descansar, subir a unha pedra grande ou pequena,xogar cun pau ou coa auga, observar asmaravillas de animais e prantas ou a do ceo , regresamos ao cole sempre,despois dos nosos paseos polo monte,mais contentos, e mais calmados.

Este ano, o grupo de voluntariado de As Neves colabora con nós nesta vocación de mirar hacia o monte que ten a Escola de
Taboexa e nos está axudando a adecentar a área da Fonte da
Moura (onde lea peiteo os cabelos con peite de Ouro e deixa mensaxes para as crianzas) para facer
dela un espazo de lecer.

Coa colaboración da Comunidade de Montes empezamos a limpar a zona e a prantar árbores  (castiñeiros, bidueiros, carballos, pradairos,liquidambar, guillomo nevado...) e arbustos (mora, framboesa e vaga de Maio).

Temos intención de coidar esas prantas e ver como medran e acompañan as nosas excursións, non sabemos se o monte nace na escola, pero o que sí é certo é que o Monte é parte da Escola, é a nosa aula de Coñecemento do Medio, é unha extensión da Escola na realiadde comunal.

E así con axuda de veciñas, voluntarios e comuneiros botamos a andar este proxecto ilusionante que queremos compartir con toda a comunidade como escola con vocación social que somos.

Moitas grazas a todas e todos!

Déixovos un enlace a unha entrevista con Heike Freire, pedagoga que traballa esta relación entre a educación e a natureza,espero que vos guste.

http://educarenverde.blogspot.com/p/recursos_15.html













Ningún comentario:

Publicar un comentario