sábado, 15 de decembro de 2018

Casta Diva

Faltaban uns anos para que Xesucristo chegara para organizar o noso calendario, cando, cunha pola de acivro como ofrenda, a druida Norma suplica á Diosa Lúa,  paz para as comunidades en conflito: As Galias e os Romanos invasores, pois ela está namorada dun guerreiro romano e teme pola súa vida.

Parece que resoa na miña mente a historia da Moura por aquí polos montes de Taboexa...tería tamèn a nosa Moura un guerreiro namorado?

Mamás e papás, familias e amigos da Escola de Taboexa, é para nós unha grande honra convidarvos a disfrutar de Dania Diva, soprano que nos emocionará coa peza Casta Diva (Norma de Bellini), sí, en Taboexa, nunha escola infantil escoitaremos ópera, porque para os mais pequenos, o mais grande!



Será a nosa particular despedida de ano, así tamèn pediremos Paz para os nosos corazóns e para todas as crinazas da Terra. O venres 21 de Decembro a partires das 12 da mañá, mais adiante concretaremos a hora. Aforo limitado, mellor reservar asiento!

https://www.afundacion.org/es/agenda/evento/concierto_luce_delll_aria


1 comentario:

  1. O señor Benjamin foi por riba dos seus requisitos para axudarme co meu préstamo que empregou para ampliar o meu negocio de farmacia, eran xoias simpáticas, profesionais e absolutas para traballar. Recomendaré a calquera persoa que busque préstamo para contactar. Lfdsloans@outlook.com.WhatsApp ... + 19893943740.

    ResponderEliminar