sábado, 21 de marzo de 2020

#euficonacasa

Eu tamén fico na casa sobrecollida con esta situación tan inesperada (ou non?)  que nos trae moitas
dúbidas sobre canto vai durar e, sobre todo, cómo será o mundo despois desta "apocalipsie", se aprenderemos algo sobre nós mesmos, ou sobre a parte de todos que habita en cada un de nos, sobre o valor do tempo, o valor do común, sobre o que é importante, sobre a Natureza da que estamos feitos...en fin, pensamentos que todos temos nestes días supoño.

Pero este espazo non está feito para as miñas
reflexions sobre a vida senón para a miña acción como mestra e sobre iso quero comentar que este confinamento tivo para min moitas fases como profe, case tantas fases como días. Ao principio pensei que era un contratempo interrumpir a miña vida laboral que me da tanta satisfacción pero que podería sacarlle bó proveito a esas hordas de horas libres que tiña por diante, era o momento de facer aquelas tantas tarefas para as que nunca tiña tempo e empecei limpando e ordenando todos os meus espazos. Pero xa no segundo día chegou un pensamento á miña cabeza...eu sigo a ser a profe das crianzas de Taboexa, por tanto, que podería eu facer para aliviar o tedio e axudarlles a integrar a nova e difícil situación?. Mención aparte merece o feito de que teño a orde de facer teletraballo pero, vaia por diante que o que me move é o bienestar do meu alumnado por riba das ordes, e que, no intre en que unha orde superior fora en contra do interés da crianzas, eu sei ben de que lado me teño que poñer. Non teño intención de limpar a imaxe corporativa do profesorado, que tamén ben precisa unha reflexión a fondo sobre o que estamos a facer.

Total que a toda máquina as ideas vanme vindo intuitivamente (mentres traballo, claro) e o primeiro que puxen a andar é a roda virtual, eu que non son fan das tecnoloxías, que insisto en que as crinazas precisan tocar, sentir con todo o corpo, tiven que acomodarme ás restriccións e agora digo bendita tecnoloxía (sen que nos domine ela a nos).

Cal é o papel dunha mestra de infantil e que parte se pode rescatar de forma telemática? O cerne do noso traballo está na relación persoal que se establece entre mestra e alumna e a que sabemos acompañar entre as crianzas entre sí. O alumno solta a man da nai e vai de a pouco confiando nunha nova persoa que o acompaña entre material de xogo, didáctico, espazos de movemento, outros nenos e nenas para que él vaia desenvolvento, según o seu patrón interior e coa axuda da mestra, a súa persoalidade, conciliándoa coas dos demáis, para que vaia tamen construindo estratexias de aprendizaxe, para que vaia coñecéndose, comprendendo o mundo. É difícil englobalo nun parágrafo, , o material con que eu traballo non son libros nen fichas, somos nós, eu e eles e elas así que iso é o que podo rescatar.

Levamos tres rodas virtuais feitas, todas con fallos ténicos e incomodidades que veñen dadas polo medio en sí e porque todo é moi novo, é porque falta aquela intimidade da aula....en fin, con todos os reparos estamos a facer unha roda telemática (como os grandes homes de negocios fan as súas reunións) e creo que paga a pena, que é reconfortante e que se consígue o obxectivo de sentir a unidade do grupo, de comprender un pouco mais o que pasa (se iso fora posible mesmo para nós, adultos) ao ver como os compañeiros están en similar situaicón, e de darlle ao tempo infinito do confinamento unha mínima estructura de normalidade que nos guía a todas.

Por outra anda esta nova modalidade de aula obrígame a inventar (rápido) novas accións e iso de súpeto actívame, estou aprendendo cousas moi útiles para a miña profesión (Rima e movemento de Tamara Chuvarovsky é unha delas, xavos contarei en vindeiras publicacións) e dando unha renovación ás miñas actividades, de seguro, esa é un dos beneficios desta peste moderna.

E despois da roda ofrezo vía correo electrónico dúas ou tres propostas de actividade encamiñadas ao mesmo. sentir que estamos unidos. Facer un pastel, observar e rexistrar a chegada da natureza, un debuxo, un baile...unha acción que teña significado para eles e a familia e que sintan, mentres a realizan, que son parte de algo, do grupo do cole. Esta é a miña aportación e estou encantada de poder ser útil.

Diante de todas as traxedias que esta situación vai espallar polo mundo adiante, preocuparse polo que  as crianzas de Infantil poden perder canto ao académico é, simplesmente, obsceno. Mellor será enfocarse en vivir o día a día e tratar de aproveitar o encerramento para disfrutar da compañía dos peques, por a imaxinación a traballar e aceptar a lección de humildade que se nos está ofrecendo. O poder do minúsculo frente á arrogancia da sociedade moderna. Haberá días e meses e anos para as matemáticas.

Mesmo así, sabede, familias de Taboexa, que eu  estou traballando polas mañás (documentación, investigación, a roda, as tareas...) e que estou a vosa disposición vía telefono fixo, mobil, wasap ou correo electrónico para que me comentedes. A Comunicación coas familias é parte do meu traballo e nestes días tamén, sentídevos en confianza ...teño tempo de sobra!!!!

TOOS OS TRÁMITES QUEDAN ADIADOS ATE REINICIAR AS AULAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario