sábado, 21 de marzo de 2020

unha manchea de noces

O que unha manchea de noces poden aportar a unha aula de infantil é inabarcabel. Roi ( hoxe foi Roi pero cada día e un diferente, hoxe había unha camara a man, e hoxe a inspiración chamou a porta, pero, por sorte as aportacións son moi variadas e diversas)) entra pola porta do cole todo fachendoso e contento, de súpeto un día normal muda a un día moi especial, por qué? Porque trae unhas poucas de noces para compartir coas amigos e amigas. Compartir, a primeira lección, quizas a máis importante. Importante, Roi síntese importante porque fai
algo bó para a comunidade e iso dalle satisfacción. Autoestima, a segunda lección, eu son quen de facer algo que ten un efecto positivo en outros, son valioso. Cantas noces traes Roi? Cantas noces cres que hai? E ti? E ti?Estimación. Imos contalas, A mestra conta en alto e pide que lle axuden, conta as noces de xeito relaxado, se está a observar quén conta e quen non, faino dunha forma moi disimulada, tratando de non mostrar ansiedade, uns contan con voz firme e alta,con seguridade, outros van a remolque en baixiño, non están seguros, outras calan e absorben...todos todos todos están aprendendo, todos avanzan, o que sabía contar ate 5 aprende o 6, o que sabía contar de sobra afianza ese coñecemento sobre conteo, e todos afianzan a autoestima. Terceira lección, conteo, e sobre todo, alegría de aprender. E chegan para todos?  Correspondencia, entón chegan ou sobran? Pero, cantas sobran? Esta proposta é unha resta, estimación, cantas cres que sobran? ...E ti? , E ti?
Unha aula de matemáticas espontánea, alegre, rápida e eficaz, non preciso medir canto aprendeu cada quen . Sei que as noces deixaron pegada en todos/as, ate nos mais miúdos queda algo, pero sobre todo quedan os números asociados afectivamente coa alegría e o agarimo.
E inda non acaba ahí a cousa porque na hora do almorzo alguén abrirá as noces que trouxo Roi e as saborearemos e darémoslle as gracias,a Roi e a quen as abríu . Gratitude.
Non se lle pode pedir máis a unhas poucas de noces.

Ningún comentario:

Publicar un comentario