luns, 18 de outubro de 2021
seguimos co ritmo tranquilo
Non se me alarmen, esta escola segue a saborear e a defender o ritmo tranquilo do cotián, do rutinario de ese tempo-espazo no que fluimos con seguridade e sen máis restricións que as obligadas pola convivencia. Seguimos co tempo de recunchos, co traballiño de formiga dos maiores, coas horas de patio onde calquera xogo pode ser posible, coa hora do conto, coas nosos almorzos compartidos (si, almorzos, non merendas,a ver se me corrixo este ano, que sen tempo non era...). E claro coa nosa subida semanal á Fonte da Moura, chégalle ben de actividade, a ver se nos imos exceder...estaremos atentas, non quero caír no activismo, estes pequechos non o precisan, teñen moitas iniciativas
o helicóptero
Visitar o helicóptero ten máximo interés para as crianzas, ver de cerca e montar naquela nave que nos veráns de incendios, por desgracia, vemos voar co bambi colgando, salpicando auga, hoxe a poden tocar e mesmo subir nela. Tamén tiveron oportunidade de tocar as mangueiras do camión bomba, coñecer de perto aos que apagan os incendios dos nosos montes, un pouco de realidade, máis nada. Alá en Queimadelos todo o persoal esmerouse por que as crianzas tiveran unha estancia agradable, sen forzar situaicóns e respectando os ritmos e as capacidades dos pequechos, iso
e comezamos con paso firme!
Si, con ganas ou sen elas, o calendario agrícola (o que nos da de comer) non nos deixa estarricarnos na cadeira, hai que axudar a Mina ( a avoa de David) coa vendima, e claro que sí Mina, ti xa es unha vella amiga da Escola, encantadas de axudarte. Non sei quen axuda a quen pero o caso é que foi precioso e divertido sair de paseo polos camiños da aldea e coller as uvas e xogar coas cabras. E quen pense que isto non é encomenda dunha Escola de Infantil que veña e que pregunte polas bases psicopedagóxicas de esta tendencia obcecada da mestra de saír afora da Escola, de
xa estamos todas!
Mouri non quería comezar o cole, todavía vive na modorra do dolce far niente do verán, comprendémola! a nós acontécenos o mesmo, pero claro nos somos humanos socializados e obedientes do calendario social escolar, mentres que ela conserva a liberdade salvaxe dos seres superiores, pero bueno, convencémola, alí estaba, no Alto do Coto Morgallón, divertida agardando por nós, mesmo con ansia polo encontro!, Xa podemos botar a andar o curso, xa estamos todas!!!
Os meniños de anos anteriores ben coñecen a Mouri, a súa historia, que a súa nai, a Moura de
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)