luns, 18 de outubro de 2021

xa estamos todas!

Mouri non quería comezar o cole, todavía vive na modorra do dolce far niente do verán,  comprendémola! a nós acontécenos o mesmo,  pero claro nos somos humanos socializados e obedientes do calendario social escolar, mentres que ela conserva a liberdade salvaxe dos seres superiores, pero bueno, convencémola, alí estaba, no Alto do Coto Morgallón, divertida agardando por nós, mesmo con ansia polo encontro!, Xa podemos botar a andar o curso, xa estamos todas!!!

Os meniños de anos anteriores ben coñecen a Mouri, a súa historia, que a súa nai, a Moura de

Taboexa (para quen non coñeza, que averigue o que significan as Mouras para Galicia e outros países do arco atlántico), deixouna no noso cole a ver se aprendía algunha letriña,  para que coñecera as pinturas, rotus, tixeiras, plasti, construccións, quebracabezas, pero por sobre todo, para que xogara con crianzas, que é o que máis lle gusta.

As meniñas novas non coñecían a Mouri, mesmo diría que se impresionan con esa carita que ela ten, que non é nin guapa nen fea se non un pouco...macabra, se cadra para quen a mira por primeira vez, non así para os que xa a queremos, pero hoxe afianzaron un vínculo seguro, e que Mouri e a diversión van da man, de xeito que ,con cara ou sen ela, xa lle colleron cariño, e tamén de paso, ao Coto Morgallón, ao monte Sanomedio, á Moura e ao cole.

Así que si, agora sí, comezamos o curso, de seguro que nos agardan lindos momentos, de seguro toda a comunidade educativa remará para que así sexa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario