luns, 18 de outubro de 2021

o helicóptero

Visitar o helicóptero ten máximo interés para as crianzas, ver de cerca e montar naquela nave que nos veráns de incendios, por desgracia, vemos voar co bambi colgando, salpicando auga,  hoxe a poden tocar e mesmo subir nela. Tamén tiveron oportunidade de tocar as mangueiras do camión bomba, coñecer de perto aos que apagan os incendios dos nosos montes, un pouco de realidade, máis nada. Alá en Queimadelos todo o persoal esmerouse por que as crianzas tiveran unha estancia agradable, sen forzar situaicóns e respectando os ritmos e as capacidades dos pequechos, iso percébese e agradécese, se cadra tamén lles fixo ilusión o noso interés...por qué non terán mais visitas escolares, non mo explico...ou si...

É certo que é un pouco pronto para saír de excursión en bus, que hai nenos de moi recente incorporación pero...qué lle imos facer, o Helicóptero marcha e non regresa ate Xullo, por tanto, quen dixo medo? Alá imos!!

E como unha vez que saímos de excursión  (en bus, inda por riba!), quen ten presa por voltar?, pois alá que fomos visitar o Castro de Troña, e qué comprensión teñen estes pequeños do que o Castro significa que andaban na procura dun Tesouro, que ledicia velos corricando os restos das vivendas, enfeitizados por mision tan inzada de promesas.

Gracias ao persoal da Base de Helicópteros de Queimadelos, e, como non, e coma sempre, gracias ás nais e pais que me acompañan e sen os que non serían posibles estas saídas que quedarán na memoria das crianzas por moitos anos!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario