luns, 18 de outubro de 2021

e comezamos con paso firme!

Si,  con ganas ou sen elas, o calendario agrícola (o que nos da de comer)  non nos deixa estarricarnos na cadeira, hai que axudar a Mina ( a avoa de David) coa vendima, e claro que sí Mina, ti xa es unha vella amiga da Escola, encantadas de axudarte. Non sei quen axuda a quen pero o caso é que foi precioso e divertido sair de paseo polos camiños da aldea e coller as uvas e xogar coas cabras. E quen pense que isto non é encomenda dunha Escola de Infantil que veña e que pregunte polas bases psicopedagóxicas de esta tendencia obcecada da mestra de saír afora da Escola, de compartir a vida real, de aprender a relacionarse con todas as persoas da aldea, de sentirnos parte de unha comunidade, de involucrarse en tarefas que teñen un sentido para a súa vida,en fin, de aprender a SER.

Gracias por deixarnos axudarte Mina, oxalá que che saia un viño ben sabedeiro
!







Ningún comentario:

Publicar un comentario