luns, 6 de xuño de 2022

a visita dos ex

En Taboexa sí que nos gusta encontrarnos cos ex, e por iso, dende principio de curso propíciase este encontro. Non puidemos facelo o curso pasado nen o anterior, pero desta vez desquitámonos, así, a mediados de maio elaboramos as invitacións e fixémolas chegar as convidados/as: o luns 16 de Maio, cando moitos centros escolares fixeron ponte, abrimos a Esola de Taboexa e convidamos ao exalumnado. 

A miña sorte é que algúnhas crianzas aceptaron vir ao cole o seu día de descanso. Asi, tivemos con nós nenos e nenas que nos deixaran hai 1, 3, 5...anos. Eu vía a ilusión nos seus ollos e o goce de traer ao presente aquelas doces vivencias que xa espertan morriña en tan pequenas persoíñas. Ocuparon de novo o que foi (e será sempre) o seu espacio, disfrutando de novo dos mesmo xogos (as construcións, abalorios, o bingo....) e despois do tempo libre no patio cantamos aquelas

alegres e inocentes cancións que eles abandonaron hai anos e eu repito curso tras curso.

As súas voces e as súas caras ledas deron un pulo marabilloso á miña gorxa e sentín naqueles sons do luns 16 de Maio todo o sentido da miña labor como mestra. E topei tamén nese intre o sentido a quedar eu sen a ponte que outros disfrutaron. Pois sí.





Ningún comentario:

Publicar un comentario