martes, 21 de xuño de 2022

Escola Comunitaria

Gustoume cando definiron así á Escola de Taboexa, pois despois de anos de coñecer (en máis ou menos  profundidade) outras corrientes pedagóxicas non acababa de sentirme totalmente cómoda  en ningunha etiqueta. 

Por cerca que me sentira de algunha máis innovadora e respectuosa coa infancia, sempre me faltou o enfoque social e comunitario, o que entende a escola como un ente político activo que, dende o seu posto privilexiado debe puxar por unha sociedade xusta e

democrática.

Eu soño cunha escola viva e ao servicio da comunidade. Grazas entón primeiramente á colaboración e/ou confianza das familias e despois a todas as persoas e entidades que o acollen con simpatía, esa á que nos invita a  arrebatadora vitalidade e a fresca alegría das crianzas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario