venres, 3 de xuño de 2022

Anxo Moure, ou a dozura do Río Miño

 Chegou na súa ciclobiblioteca cargada de historias, sen  máscaras, falando de tú a tú ás crianzas, con cercanía máis ´tamén con escrupuloso respecto. O seu saber facer e a verdade que destila a súa "actuación", atrapaba sen estridencias a atención das crianzas.  Trouxo moitas historias que destilan amor pola natureza e ánimo optimista, e trouxo, como non, as lembranzas do Alto Río Miño e as súas raíñas máxicas, as Xacias,  trouxo, como xa digo, verdade, emoción e compromiso coa infancia,coa natureza e coa convivencia. Marchou de volta para Lugo deixando no ar un arrrecendo doce e ganas de que volte o ano  que ven, Anxo Moure, non deixes de vir onda nós.




Ningún comentario:

Publicar un comentario