martes, 21 de xuño de 2022

Montescola

 Con Xuño chega a a calor e chega tamén a mais importante misión da Escola da Rata: topar a Mouri. Xa ten fuxido do cole outras veces pero daquela  bastaba subir ao Coto Morgallón ou ao Coto da Escola para dar con ela- Desta volta algo nos dícía, que intuición,  que non ía ser tan fácil, e en efecto, foron 6 días completos no monte (non pisamos a escola para nada) os que pasamos na súa procura.

Cada día, despois da roda e do saúdo ao sol,

arrancaba a alegre incursión na procura da nosa tan especial amiga, e cada día voltabamos á Fonte da Moura, o noso campamento base, sen ela, máis non coas mans baleiras, non, pois cada día topabamos unha pista que ela nos deixaba só polo divertimento de vernos corricar entre riscos e penedos, un anaco dun mapa que cando completemos indicaríanos o lugar anceiado: A Cova da Moura.

E cada día despois do almorzo (e despois de traballar as maiores, porque sí, a Montescola é Escola!) os xogos infantís enchen de cores a Fonte da Moura, as pozas, os regatos, a cabana, hai tantos recurso para satisfacer as iniciativas das crianzas...pechamos o día co conto ou con xogos en gran grupo e para cando chegan as familias a recuperar os seus repoliños entrégolles unha manchea de cansancio e ilusión, un meniño que coñece e quere un pouco máis a súa contorna.

Un mapa, unha carta da Moura e a promesa dunha grande aventura. 

O gran día chega da man da Raposa Raquel Queizás, esta sí unha amiga especial que nos acompaña co seu cesto cheo de historias, somos entón moitos na singular expedición, cachorros humanos, humanos adultos, unha raposa, un coello, un ourizo cacho, unha galiña...vaia cuadrilla!, e así entre contos e risas avanzamos polos camiños do Sanomedio ata topar, en medio dos nervios, o susto e o entusiasmo, a Mouri na Cova da Moura, xunto ao Tesouro, o almorzo e...as Chaves do Futuro para as meniñas que marchan a primaria.

Aínda quedan uns diíñas de cole e o picnic de despedida pero o día da Procura do Tesouro marca o final de cuirso e agora só resta desfrutar con calma do noso querido espacio escolar, saborear docemente estes últimos momentos antes do verán, antes da ansiada e ao mesmo tempo triste despedida.





















Ningún comentario:

Publicar un comentario