mércores, 25 de outubro de 2023

folga no ensino

Onte foi convocada pola CIGA e STEG folga no ensino. Apoio as reivindicacións nomeadamente a de baixar a ratio e a carga burocrática.

Baixar a ratio é unha reivindicación histórica, as miñas compañeiras nas vilas atenden a 25 crianzas de 3  (algunhas de 2) anos. Non precisa moitas explicacións: imposible facer un traballo de calidade nesas condicións. pero a consellería non entende de calidade, por moito que o cacaree na súa propaganda, só entende de números.

A nova reivindicación e tanto ou máis imperiosa. A carga burocrática e simplesmente insoportabel. Non só porque supón un traballo para o que non temos tempo,
ou nos vemos forzados a roubarllo ao noso principal cometido: atender ás crianzas, senón porque o mundo de aplicacións, formularios, protocolos, etc onde nos obrigan comunicarnos coa

administración destila moitas cousas repugnantes:

Primeiro: a administración está especialmente preocupada en asuntos de responsabilidade civil, e toda esta burocaracia está encamiñada a salvagardarse ante unha reclamación, denuncia, etc das familias en caso de suspensos, accidentes, incidencias etc.  

Segundo: estes novos sistemas  informatizados impoñen unhas estrutura de organización da información tan pechada que non hai sitio para as identidades de cada centro, de cada aula, de cada persoa, que é o que humaniza o noso traballo. Deshumanizante

Terceiro. especialmente a Etapa Infantil e dentro dela, as Unitarias e as aulas multigrado son ninguneadas e despreciadas nestas estruturas dixitais que Están deseñadas para centros grandes e alumnado de primaria e secundaria de xeito que é imposible cumplimentar formularios ou cubrir aplicacións pois moitas preguntas non se poden aplicar aos nosos casos. Absurda. a maioría das veces contestamos falsidades só por poder "continuar".

Pero tamén debo dicir que parte da responsabilidade do aumento da esixencia burocratica a ten o profesorado coa súa actitude servil hacia a administración, xa que, dende a seguridade do funcionario non é quen de negarse ante unha orde inapropiada, sempre sempre sempre, en defensa da calidade do ensino, da dignidade do profesorado, en resumidas contas, en defensa do alumnado que é a quen nos debemos.

Total que apoio a folga pero non podo participar porque son servicios mínimos. Neste caso o dereito á escolarización das crianzas está por riba do meu dereito á folga. Non foi así o día que a nosa escola viciña, Rubiós tivo que pechar por enfermidade da profesora, ese día o dereito á escolarización das criazs pasou a segundo plano. Pero ese é outro tema, o da sustitución ás responsables de Unitarias. Temazo par outro día, por hoxe abondo chorar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario