luns, 9 de outubro de 2023

Visita ao helicóptero de Queimadelos, ou cómo empezar ben o curso

Eu explico ás familias novas que esta saída é unha excurión do curso pasado "en diferido". En Xuño non está o helicóptero por tanto témola que facer en Setembro. O alumnado novo vén pola súa conta e a profe no coche de Sandra con 5 pequechos alumnos e alumnas de continuidade; qué fácil é todo cando somos poucos e as familias colaboran. Xa empezamos a disfrutar a excursión dende varios días antes (se quedamos ás 4 son feliz dende as 3, dicía O Principiño á súa amiga raposa). Esta saída ía ser a motivación para reactivar o blogue, sentía, e así foi.

O que non esperabamos era a esmerada acollida que encontramos na Base, as persoas que alí estaban, brigadistas, Axente Forestal, conductor de motobomba, emisorista, piloto e mecánico do Helicóptero, trataron ás crinzas como se de importantes personalidades de tratara e adaptáronse a elas con gran acerto e cariño. É verdade que aquelas meniñas (de 3 a 5 anos) eran moi pequenas para comprender o mundo adulto e moito menos o delirio político, económico,de cidadanía, que supoñen os incendios forestais e o aparato da súa extinción no noso castigado país, pero quero pensar que o pasado venres deixamos neles unha semente do amor, orgullo e coidado pola natureza.

Grazas as familias que colaboraron e nomeadamente grazas ao persoal da Base Helitransportada de Queimadelos polo esquisito trato que deron a estas tan singulares persoíñas, voltamos contentas moi contentas, agradecidas e ilusionadas. Cando as saidas resultan así de agradables dan ganas de repetir.

Pero non fomos directamente ao cole, inda tivemos un tempo para visitar o Castro de Troña, cos restos das vivendas, o petróglifo da Serpe (esta non é preñada como  a nosa) e alí corricaron entre muros e fochancas, e nós detras para que non se mancaran (gravemente) nen se perderan. Outra semente de amor, coidado e orgullo polo noso patrimonio arqueolóxico, pola nosa historia, por nós mésmos










Ningún comentario:

Publicar un comentario