A meniña chega ao vestíbulo pola mañá e pendura a cazadora de forma precaria, non tardará en caír (aparece moitos días a súa cazadora no chan). Ou mesmo a deixa enriba do banco, a piques de caír tamén. A mestra indícalle que a pendure pola capucha, que así non caerá. Ao día seguinte non se acorda da
indicación e volve a pendurala de xeito incorrecto. Porque estamos de acordo en que se as chaquetas caen ao chan ( e os zapataos se deixan no chan de calquera maneira, este anos somos 8, poucos) o vestíbulo estará desordenado e non é agradable estar nun sitio desordenado, onde ademáis custa máis topar as cousas de cada quén.O pequecho acaba de almorzar o seu plátano. Xa pode ir xogar. Pero deixa a cadeira sen arrimar e...a monda do plátano enriba da mesa. A mestra, cando se decata, ten que ir na súa procura e lembrarlle as súas obrigas. Porque imaxino que estamos de acordo en que o neno debe recoller a súa monda de plátano e guindala onde corresponda, claro que o pode facer a mestra, econ menos traballo pero...a qué estamos?
A pícara que se estivo bañando no barreño non é quen de por os calcetíns, nen sequera o intenta. A mestra está horrorizada, non pode cre a escena. Trata de darlle as conseguintes pautas pero a incompetencia é notoria, está claro que nunca o fixo. Supoño que estamos de acordo en que non debemos facer as cousas por eles senon axudarlles a que as fagan eles mesmos, esas é a nosa labor, non? A non ser que nos aferremos á iodea de ser imprescindibles para alguén, que tamén é moi romántico. Pero a satisfacción, o empoderamento e a autoconfianza que gaña un neno/a cando se fai consciente das súas capacidades e o premio máis grande para o adulto que o ten a cargo, non é?
Cómo aspira entón a mestra a conseguir que as crianzas non se despracen na aula correndo? A mestra é consciente de que pedirlle a unha crianza que non corra é por a proba a súa capacidade de autocontrol pero tamén ten claro que desexa para o seu alumnado un ambiente no interior da escola (2 de 5 horas lectivas) de calma e recollemento que convide á experimentación e desenvolvemento dos seus proxectos, así como a pequenas tarefas escolares.
Parece evidente que nunca ninguén pedíu a estes rapaciños que non correran, que fixeran silencio, que falaran de xeito calmado. Parece que nunca ninguén lles pedíu que se vestiráns sós, que recolleran os seu prato ou que se descalzaran correctamente, ou que traten as cousas con coidado e correción. E que non é o velcro, nen a chaqueta, nen o calcetín, nen a monda, é coidar as couas, ser competente, ser ordenado, ser responsable, poñer atención e cariño no que se fai. É a base sobre a que poderemos posteriormente construir o traballo académico, sen esa base o edificio non queda firme.
Parece que non están dotados para facer un pequeño esforzo, lembrar unha instrucción, responsabilizarse dunha pequena tarefa porque nunca ninguén lles fixo o favor de encamiñalos a iso. Sen esforzo non hai nada valioso na vida, os adultos sabémonlo. Os adultos grandes esforzos (cantos atrancos ten que superar unha persoa para sacar adiante o proxecto familiar!!) e as crianzas esforzos pequenos. Pero se non lles pedimos, se non agardamos deles que poidan facer ese pequeno esforzo, ese, adaptado ao seu nivel madurativo, estamos despreciando a súa potencialidade e estamos criando a un ser indolente, debil e incapaz de sobrepoñerse ao fracaso.
A mestra imaxina por un momento que en casa estas pequenos seres marabillosos, dotados dunha potente ferramenta para aprender, foran encamiñados hacia eses hábitos básicos de orde, respecto hacia os obxectos e as persoas, responsabilidade, autonomía e colaboración e sorrí, e soña por un momento en escribir un texto sobre a súa labor docente, sobre pedagoxía.(1)
(1)Teño as mellores familias que poida imaxinar, sempre as tiven, elas confíanme os seus máis prezados tesouros e apoian as miñas inciativas anque non sempre estean totalmente de acordo. Só teño palabras de recoñecemento e agradecemento hacia elas. Pero non quero deixar de alzar a voz sobre unha situación queconsidero amerita unhareflexión, non especialmente no meu centro. Falo da infancia.O que relato do vestíbulo se pode xeralizar ao restaurante, a cola do súpero ou a praza da vila.
e tamén, considero a miñacompetencia axudar a un ser pequeno a aprender a abrochar o mandilón, por os zapatos, etc etc, pero en calidade de colaboradora da princiapal responsable deste tipo de tarefas: a familia. Sentir que eu coadxuvo na súa labor,sentir que remamos xuntos todos
Totalmente de acordó...
ResponderEliminar