mércores, 25 de outubro de 2023

As rutinas da Escola

A palabra rutina ven cargada como cun
significado de algo parecido á monotonía ou ao aburrimento, bueno,  entanto non topamos unha palabra máis acaída debo aclarar que non, que non cunda o pánico, non ten porqué haber aburrimento nas rutinas (conste que dende o aburrimento nacen as mellores ocorrencias ás veces, recomendable aburrirse) , tampouco o cole é unha troula continua, non, no cole hai momentos de recollemento e momentos de algazara, de actividade dirixida ou libre, de estar sós, en parellas, en pequenos grupos, ou todos xuntos coordinados nunha actividade. As rutinas marcan as transicións entre os diferentes momentos escolares.

Cando era estudiante de mestre ou nos meus primeiros anos de profesión tiña moita curiosidade por coñecer cómo outras mestras organizaban as 5 horas da sesión diaria, como comezaban o día,como cambiaban de actividade, canto duraban as actividades. Hoxe xa teño bagaxe abondo para ter deseñado a miña propia parrilla (sempre en continua reflexión e mellora) de actividades. Un estudio profundo e honesto sobre cómo conxugar as necesidades de actividade da infancia e o mundo escolar lévame a establecer unha estrutura na que de xeito flexible encaixo as actividades do día. A estrutura repítese, o contido non, por iso non é monótono nen aburrido. polo contrario ofrece ao alumnado seguridade, confianza, permítelle mesmo anticiparse e planificar a súa acción se tiver algunh plan ou proxecto so ou en grupo. As rutinas dan seguridade, é como a nosa casa, que nos limita pero tamén nos protexe.

En Taboexa as crianzas entran ao cole entre 9 e 9.15 (as mási pequenas entran ás 10), sacan o abrigo, penduran a mochila, poñen as pantuflas(1) cantas aprendizaxe xa nos primeiros minutos. Son bastantes persoas no vestíbulo e só unha profe, non é como en casa que hai varios adultos por neno, e por tanto o neno é auxiliado e todo momento, aquí hai que espabilar e ser autónomo. O encargado/a coloca os coxíns para comezar A Roda (2). él pasa lista e lembra con tarxetas as rutinas do día, vemos o calendario e o paso dos días, quizas hai algún evento interesante por vir (un aniversario por exemplo, periodo vacacional...). Todos nos saudamos e quen quere, por quendas,  conta algo aos compañeiros xenerándose así unha conversa que según o día pode ser moi enriquecedora e edificante.

Ao remate da roda os maiores van traballar(3) e os pequenos van xogar aos recunchos (4). O traballo consite en execturar durante 15-20 minutos algunha tarefa encamiñada á competencia escolar, cada un según o seu ritmo, nivel madurativo e motivación.  Ao remate únense aos pequenos que están xogando nos recunchos. É xogolibre coaslimitacións propias da convivencia a orde e o ambiente de calma que convén no interior do cole.

Ao redor das 11, según estean mais ou menos concentrados nas súas actividades, recollen, lavan as mans, almorzan (5) e despois xogan no patio (6). É outro tipo de xogo, con menos material e máis, moito máis movemento e balbordo, sempre con límites, os da convivencia e o respeto hacia todas os seres, os xoguetes e o cole.

Finalmente, a non ser que unha gran e de calidade implicación no xogo o amerite, ao redor das 13 recollémonos de novo para a derradeira actividade do día: O Conto (6), entón baixamos a enerxía tola do patio cuns minutos de relaxación e dispóñense a escoitar o relato con atención plena. Tamén podemos cantar ou bailar, en todo caso será unha actividade de grupo dirixida.

Finalmente despedímonos individual e agarimosamente desexando vernos ao día seguinte.

Esta é a rutina base, todos os días van aos recunchos, pero non ao mesmo, hai 7 recunchos na aula, todos os días hai conto, pero cada día un diferente, todos os días facemos a Roda pero cada día a conversa toma un camiño. O traballo tamén é diferente cada día. Pero esta retícula aporta estabilidade sen ser monótona. E cando a rutina está ben asentada xa hai un nivel de compenetración co grupo. X a podemos abandonala sen sentirnos perdidos, ahí está a referencia, podemos ir á Fonte da Moura, ao Helicópero, á Escola de Rubiós, ao Instituto, a casa Uma, a Pontevedra, a Paraños, poden vir visitas ao cole, a medida que vai avanando o curso xa podemos ir rompendoa e abrindo límites, entón brillamos....e xa vai rematando o curso...






Ningún comentario:

Publicar un comentario