xoves, 28 de novembro de 2024

qué foi antes o ovo ou a galiña: filosofía miúda

Quén dixo que a filosofía era competencia exclusiva de sesudos, adultos e académicos cerebros? Aqui neste recuncho do mundo as crianzas fanse preguntas e procuran respostas, e aprenden a aceptar que non todas as respostas están ao noso alcance pero que mesmo así, o exerccicio de preguntrse non debe rematar núnca.

Mirando o libro dos opostos libérase a mítica pregunta da galiña e ovo e eu percibo as ondas cerebrais de mais de unha disparándose aloucadamente na cavidade craneal, o sinto no seu ollar, é un segundo no que todo se suspende, o que daría unha profe por apresar esa sensación de "tocar a tecla" de estimular o anceio de investigar e o pracer de pensar.

Como cando ao remate do conto plantexamos se Carapuchiña fixo ou non o correcto, ou qué teríamos feito nós no seu lugar, ou qué será agora do cazador valente, ou qué tan malo era o lobo ou cómo debía ser para consideralo un bó animal....ir na procura dunha laternativa para que todos as persoaxes estean contentas, o concepto de obediencia....exemplos paralelos nas nosas vidas diarias, dilucidar pros e contras de ser un lobo...comparar a nosa vida coa de carapuchiña, clasificar os seres vivos, clasificar os contos de ficción e non ficción... Razonar, comprender, imaxinar,...

Vigotsky afirma que non existe pensamento sen linguaxe, Piaget, pola contra afirmaba que a linguaxe era producto do pensamento. Dous grandes da psicoloxía infantil clásica enredados no circulo infinito como a galiña e ovo. Chegar ao pensamento pode ser máis difícil pero a linguaxe está no noso día a día e, máis exercitemos as habilidades linguísticas (falar, escoitar, ler e escribir), mellor para o desenvolvemento cognitivo en xeral.

Hai anos fixen contacto co programa Filosofía para niños(as) impulsado na década dos 60 en EEUU por Matthew Lipman e popularizado en España e Latinoamérica por Angélica Sátiro de quen recibín formación para axudar ao alumnado a aprender a pensar ben por sí mesmos, a razonar lóxica e coherentemente tanto na súa significación lóxica coma no sentido ético e moral na procura do ben común. Estes teóricos dan forma e organizan os coñecementos que un xa ten intuitivamente, outro pouso máis na miña bagaxe que vailiberando aquí ae alá invitacións a perseguir a excelencia. Á que nunca se chega, claro, como as respostas.


Sátiro, A. (2004): Jugar a pensar: con niños de 3 y 4 años, Barcelona,  Ed Octaedro


 


mércores, 27 de novembro de 2024

ir apañar mandarinas a casa de Seixo ou unha lección de perseverancia

Fíxonos moita ilusión a todas, ás 11 chegou o pai de Seixo disposto  a acompañar a comitiva colleiteira.  O percorrido foi rico en estímulos (que non sobreestímulos) e ensinanzas: camiñar pola beira naqueslas vías por onde hai tráfico e ir máis libres polos camiños e corredoiras... casas abandonadas, pero quen demonios abandonou esta casa que deu tanto traballo construíla?, preguntaba indignada a profesora deixando así nas crianzas unha mensaxe subliminal algo difusa ou moi concreta, non sabemos pero lánzase ao ar igual, cada que que aproveite aquilo para o que está preparado/a... unha píntega no medio do asfalto, inchada, atropelada?

xoves, 7 de novembro de 2024

magosto ou a celebración do outono

O magosto é unha celebración tradicional galega, é un momento de celebrar a comunidade, dar a benvida ao inverno e, de paso disfrutar do froito de outono por excelencia, a nosa castaña. Na Escola de Taboexa o magosto tamén é o noso primeiro pic-nic. Despois, ao longo do curso faremos 3 máis: os derradeiros días de cada trimestre. Así unha manchea de adultas xuntámonos e disfrutamos a nosa compaña e o que nos une, a dedicación polo alumnado de Taboexa.

Comezamos pola mañá facendo un obradoiro de baleirado de cabazas, unha experiencia sensorial divertida e noxenta ao mesmo tempo, puro morbo. Neste evento, o magosto e algúns conceptos relacionados co día de defuntos mestúranse nunha

luns, 4 de novembro de 2024

a sofisticada complexidade de abotoar o mandilón

Algúnha neuróloga na sala? alguén que nos revele a cantidade de coordinacións neuronais e musculares precisas para rematar con éxito tal fazaña?, alguén cunha lupa de mil aumentos e cunha gran paciencia que observe amorosamente o esforzo que require?

O meniño quere pintar, e está ben que pinte, faltaría máis,  pero a profesora pensa no exercicio de psicomotricidade que supón o feito de abotoar o mandilóns, así que, claro que sí, podes pintar, máis, sabes que tes que por o mandilón, e, o que para él é unha peaxe cara o seu obxectivo, para a profe é o