O meniño quere pintar, e está ben que pinte, faltaría máis, pero a profesora pensa no exercicio de psicomotricidade que supón o feito de abotoar o mandilóns, así que, claro que sí, podes pintar, máis, sabes que tes que por o mandilón, e, o que para él é unha peaxe cara o seu obxectivo, para a profe é o
obxectivo mesmo nese intre, por iso observa con mirada amable e acompaña a dificultade, transmitindo confianza e azos, ao fin e ao cabo é unha cuestión de semanas. O que parecía imposíble tórnase conseguido, e a mensaxe é esa: o que hoxe non es quen de facer, con perseverancia e a axuda necesaria (só esa) mañá será fácil, e asi con todas as aprendizaxes, ata as que semellan inalcanzabeis.
É un espectáculo conmovedor sempre que, poñamnos as lentes de mirar a infancia e, nomeadamente, non teñamos apuro. Só o tempo disponible e a mirada comprensiva evitará que nos enervaremos ao ver que non lle atina, sen entender a dificultade que a tarefa entraña. Mirar coa devoción que adicaríamos á escea dun ciruxán operando un cerebro.
Convídovos a observar paciente e conscientemente cómo a crianza vai resolvendo os desafíos da vida diaria, non dar máis axuda que a estritamente necesaria para que non desista, ofrecer, iso si, presencia e acompañamento se é posible, e celebrar íntimamente, o avance hacia a autonomía, porque iso buscamos, non sí? que algún día non precisen de nos. Alo menos para sacar a súa vida adiante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario