Fíxonos moita ilusión a todas, ás 11 chegou o pai de Seixo disposto a acompañar a comitiva colleiteira. O percorrido foi rico en estímulos (que non sobreestímulos) e ensinanzas: camiñar pola beira naqueslas vías por onde hai tráfico e ir máis libres polos camiños e corredoiras... casas abandonadas, pero quen demonios abandonou esta casa que deu tanto traballo construíla?, preguntaba indignada a profesora deixando así nas crianzas unha mensaxe subliminal algo difusa ou moi concreta, non sabemos pero lánzase ao ar igual, cada que que aproveite aquilo para o que está preparado/a... unha píntega no medio do asfalto, inchada, atropelada?
non parece, polo inchada que está, outra píntega, esta desviscerada, ésta sí que foi atropelada, os toxos, as follas bermellas do liquidambar constatando a outonía...os liques coa súa arcaica beleza...unha pluma coa promesa de converterse en utensilio de escrita...a herba Madroa que espanta as bruxas...as fincas, as ovellas pastando, os fentos, os veciños a agardar por nós cual venturosa comité de benvida, ledos de ver crianzas polos camiños....a merenda que nos agardaba na cociña, os xoguetes de Seixo e Area á nosa disposición, dar de comer ás galiñas millo e trigo....coller as mandarinas subidos á escaleira (Seixo preparara no día anterior bolsas cos nomes escritos de todos os compañeiros/as)....tantos estímulos naturais, tanto disfrute,...e Seixo conteno e empoderado de que a súa vida sexa obxecto de atención do cole.
E nos seguintes días, contar as mandarinas, sumar multiplicar dividir e restar, escribir, recortar, revisar o percorrido no mapa... comelas e saborealas, facer o zume e o piso cheo de zume de mandarina...
E facer gominolas, as dichosas gominolas que non quedaron ben no primeiro intento porque non tiñan unha consitencia adecuada, nen no segundo porque se quedaban pegadas ao molde, mañá intentarémolo de novo, botando aceite antes de botar o mestura (zume + xelatina), a ver qué tal. Sen rendirse, intentándoo de novo con máis azos, convencidas de que ao final sairán ben, disfrutando delas tamén a cada intento.
A profe descoñecía que a verdadeira lección das mandarinas sería esa: A vivencia da perseverancia na figura da profe. Ela tería abandonado no primeiro fracaso pero viu (cos lentes de mirar a Infancia) a oportunidade pedagóxica e ahí a tedes día tras día coa cacharrada na cociña. Outra vez a mensaxe queda no ar e cada quen aproveita ata onde estea preparado. Todos os días todo o tempo, fagamos/digamos o que fagamos/digamos, mesmo se non facemos/dicimos nada, estamos soltando mensaxes, podemos ser conscientes ou non. Responsabilizémonos delas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario