xoves, 28 de novembro de 2024

qué foi antes o ovo ou a galiña: filosofía miúda

Quén dixo que a filosofía era competencia exclusiva de sesudos, adultos e académicos cerebros? Aqui neste recuncho do mundo as crianzas fanse preguntas e procuran respostas, e aprenden a aceptar que non todas as respostas están ao noso alcance pero que mesmo así, o exerccicio de preguntrse non debe rematar núnca.

Mirando o libro dos opostos libérase a mítica pregunta da galiña e ovo e eu percibo as ondas cerebrais de mais de unha disparándose aloucadamente na cavidade craneal, o sinto no seu ollar, é un segundo no que todo se suspende, o que daría unha profe por apresar esa sensación de "tocar a tecla" de estimular o anceio de investigar e o pracer de pensar.

Como cando ao remate do conto plantexamos se Carapuchiña fixo ou non o correcto, ou qué teríamos feito nós no seu lugar, ou qué será agora do cazador valente, ou qué tan malo era o lobo ou cómo debía ser para consideralo un bó animal....ir na procura dunha laternativa para que todos as persoaxes estean contentas, o concepto de obediencia....exemplos paralelos nas nosas vidas diarias, dilucidar pros e contras de ser un lobo...comparar a nosa vida coa de carapuchiña, clasificar os seres vivos, clasificar os contos de ficción e non ficción... Razonar, comprender, imaxinar,...

Vigotsky afirma que non existe pensamento sen linguaxe, Piaget, pola contra afirmaba que a linguaxe era producto do pensamento. Dous grandes da psicoloxía infantil clásica enredados no circulo infinito como a galiña e ovo. Chegar ao pensamento pode ser máis difícil pero a linguaxe está no noso día a día e, máis exercitemos as habilidades linguísticas (falar, escoitar, ler e escribir), mellor para o desenvolvemento cognitivo en xeral.

Hai anos fixen contacto co programa Filosofía para niños(as) impulsado na década dos 60 en EEUU por Matthew Lipman e popularizado en España e Latinoamérica por Angélica Sátiro de quen recibín formación para axudar ao alumnado a aprender a pensar ben por sí mesmos, a razonar lóxica e coherentemente tanto na súa significación lóxica coma no sentido ético e moral na procura do ben común. Estes teóricos dan forma e organizan os coñecementos que un xa ten intuitivamente, outro pouso máis na miña bagaxe que vailiberando aquí ae alá invitacións a perseguir a excelencia. Á que nunca se chega, claro, como as respostas.


Sátiro, A. (2004): Jugar a pensar: con niños de 3 y 4 años, Barcelona,  Ed Octaedro


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario